Sodes vós a razón de ser deste proxecto que comezamos xa fai tres anos.
Sodes vós os que conseguístedes todo o que vos propuséstedes.
Sodes vós os que adestrastes, os que perdestes a primeira vez (44-4), os que aguantastes, os que gañastes, os que vos enfadastes, os que gozastes.
Sodes vós xunto cos vosos compañeiros e pais os que elexistes este deporte para reforzar uns valores de respeto, traballo, compañeirismo, deportividade, amistade...
Puido haber moitas voltas o campo, poucas flexións e menos abdominais, algún berro que outro:
"Manuel pásaa e dirixe. Carlos os cordóns e bota. Rosa atende!. Barcala tranquilo e baixa o cu. Campaña esa remanguillé e fíxate. Fermín brazos arriba. Martín forza e axuda. Mariña sen medo. Isma bota e reverso. Paula ánimo. Eva liña de pase. Elena defensa. Marta xogamos abertos. Ana defende."
Só vos pode dicir:
Moitísimas grazas.
Pasade un bo verán e cargar as pilas para o curso e a tempada que vén.
O vosos adestrador.
P.D. E qué xa Sodes "maiores"!!
2 comentarios:
FELICITACIOS PRA OS ADESTRADORES, XOGADORES E ACOMPAÑANTES.
PRA PROXIMA TEMPADA, AINDA IMOLO PASAR MELLOR.
Todo mi reconocimiento para los entrenadores de las categorías inferiores. Hacéis una labor ingente en el crecimiento personal de cada uno de los niñ@s que tenéis en vuestro equipo. Ánimo y gracias por luchar por este deporte que tanto nos gusta.
Publicar un comentario