jueves, 20 de diciembre de 2012

BON NADAL E FELICES FESTAS

A Directiva da ADB Fontiñas, felicita o nadal a todol@s seus membros e desésalles unhas felices festas. Descansaremos na seman do 24 ó 30 de Decembro, e retomamos os adestramentos o mércores 2 de xaneiro, xá con continuidade. Facede algo de deporte nestas datas e volveremos no 2013 con máis folgos para afrontar a recta final do campionato. Bóa sorte e ata ó 2013.
P.D. E acordádevos de escribir algo no blog.

lunes, 17 de diciembre de 2012

RECORDAMOS PARTIDOS APRAZADOS


CONFIRMADO: O PARTIDO CADETE:  PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO, XÓGASE O VENRES, 21 DE DECEMBRO, AS 18 HORAS, NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A ESTRADA.

RECORDAMOS O APRAZADO DE CADETE : ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-OBRADOIRO, O VENRES 21 DE DECEMBRO AS 19 HORAS EN FONTIÑAS.


Recordamos: INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS-NOIA: VENRES, 21 DE DECEMBRO AS 16 HORAS, EN FONTIÑAS.


Pendente a xornada mini Mixto aprazada para o 22 de decembro.
Un saúdo.

PARTIDO CADETE: PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO

CONFIRMADO: O PARTIDO CADETE:  PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO, XÓGASE O VENRES, 21 DE DECEMBRO, AS 18 HORAS, NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A ESTRADA.

INFANTIL masc.: ADB FONTIÑAS 56 - FEDESA 30

Parciais: 21-8 / 7-8 / 9-8 / 19-6.
Anotadores: Pepe Lores 16, Manuel Canal 22, Victor Beiroa 4, Martín Pérez 6, Simón González 5, Pablo Ferrín 3.
Bo inicio da segunda volta do equipo infantil. Forte defensa e mais fluidez en ataque que noutros encontros, moi bo contrataque dos nosos xogadores exteriores. Temos que mellorar o tiro desde o perímetro para non depender tanto das canastras debaixo do aro.
Grazas outra  vez as nais, pais e xiareiros que viñeron animarnos nun día tan desapacible.
A adestrar, estudar duro e sorte cas notas da  primeira avaliación.
O voso adestrador.

viernes, 14 de diciembre de 2012

SUSPENSIÓN DA XORNADA MINI E PREMINI

AVISO DE SUSPENSIÓN DA XORNADA MINI E PREMINI:

Comunicanos o Servizo de deportes do Concello de Santiago que debido o temporal, as instalacións nas que se debería xogar a xornada de MINI E PREMINI de mañan día 15/12/12, non están en condicións de albergar ningún partido, polo que a citada xornada ESTA SUSPENDIDA.

jueves, 13 de diciembre de 2012

ADESTRAMENTOS DO DÍA 19 DE DECEMBRO, MÉRCORES

OS ADESTRAMENTOS DO DÍA 19 DE DECEMBRO, MÉRCORES, DE 4 A 6:30 H. QUEDAN SUPRIMIDOS POR UNHA ACTIVIDADE DO CONCELLO. MANTEMOS O ADESTRAMENTO CADETE ALCAMPO, DE 6:30 A 8 H. COINCIDINDO CO INFANTIL MASCULINO. PERDOADE AS MOLESTIAS.

lunes, 3 de diciembre de 2012

XORNADA DO 15 E 16 DE DECEMBRO DO 2012

PARTIDOS DA XORNDA DO 15 E 16 DE DECEMBRO DO 2012:

3ª DIVISIÓN: ADB FONTIÑAS-INFORTECNY: SÁBADO 15 DE DECEMBRO, AS 20 HORAS EN FONTIÑAS: PERDIMOS.
JUNIOR FEMININO: ADB FONTIÑAS-PIO XII B: SÁBADO 15 DE DECEMBRO, AS 18 HORAS EN FONTIÑAS: PERDIMOS.
JUNIOR MASCULINO: CLUNY-ADB FONTIÑAS: SÁBADO 15 DE DECEMBRO, AS 10 HORAS EN CLUNY: PERDIMOS.
CADETE LIBRERÍA FONSECA: FEDESA- ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA: DOMINGO 20 DE DECEMBRO, AS 10 HORAS EN ROSALIA: PERDIMOS.
CADETE ALCAMPO: PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO: PROVISIONAL: APRAZADO O VENRES 21 AS 18 HORAS EN A ESTRADA........
INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS-NOIA: VENRES, 21 DE DECEMBRO AS 16 HORAS, EN FONTIÑAS.
INFANTIL MASCULINO: ADB FONTIÑAS-FEDESA: VENRES 14 DE DECEMBRO AS 18:45 HORAS EN FONTIÑAS: GAÑAMOS.
MINIMIXTO:  ADB FONTIÑAS IGS-BASKETDEZA DE LALÍN: SÁBADO 15 DE DECEMBRO AS 11:05 H. EN QUIROGA PALACIOS: APRAZADO O 22 POR ORDEN DO CONCELLO.

RECORDAMOS O APRAZADO DE CADETE : ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA
OBRADOIRO, O VENRES 21 DE DECEMBRO AS 19 HORAS EN FONTIÑAS.

.

XORNADA DO 8 E 9 DE DECEMBRO DO 2012.

A XORNADA DO 8 E 9 DE DECEMBRO DO 2012, NON TEREMOS PARTIDOS. ADESTRAREMOS IGUAL O VENRES DÍA 7 DE DECEMBRO.

Conferencia: "LIDERAR EL VESTUARIO". Impartida por Don ALBERTO GIRALDEZ .

O vindeiro luns 10 de decembro o Comité Galego de Adestradores vai organizar unha Conferencia aberta a todos as persoas vinculadas co mundo do deporte en Compostela, que vai ter lugar no Edificio Cersia (a carón do Estadio de San Lázaro) en horario a partir das 20,30 horas. Non será preciso confirmar asistencia, nin facer unha reserva previa, dado que esta proposta é aberta ao público en xeral ata completar aforo (máximo 200 persoas).

O título da conferencia é "LIDERAR EL VESTUARIO" e será impartida por Don ALBERTO GIRALDEZ Licenciado en INEF. Giráldez foi segundo adestrador do Rayo Vallecano, ademáis de ser o preparador físico do Valladolid, Valencia e Tenerife. Gran parte da súa carreira profesional foi a carón de Jorge Valdano con quén compartiu o traballo na primeira plantilla do Real Madrid, para despois pasar a ser o responsable da canteira en canto a formación, estrutura e funcionamiento de todos os equipos das categorías inferiores blancas.

Para máis información respecto desta actividade poderán atopala na web http://scq1e/exchweb/bin/redir.asp?URL=http://www.coenga.com.

III Certame "O Nadal e o Baloncesto".

Envío información relativa o III Certame "O Nadal e o Baloncesto".
A data límite de entrega dos diseños, será o 12 de decembro
Envío link ca información do concurso

http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=7307&chega-o-iii-certame-de-debuxo-o-nadal-e-o-baloncesto

A postal deberá entrengarse en persoa na Delegación zonal ou ben a través dun correo na sede central da Federación
Un saudo
 Inés Corbal
Federación Galega Baloncesto
Delegación Santiago
tel.: 981585040

INFANTIL masc.:OBRADOIRO 45 - ADB FONTIÑAS 29

Parciais: 21-5 / 12-12 / 6-6 /6-6.
Anotadores: Pepe Lores 9, Brais Barcala 4, Manuel Canal 12, Brais Campaña 2, Iago Placer 2.
Primeira derrota nun extraordinario partido, o mellor da tempada, a pesar da "páxara" do primeiro cuarto, da superioridade física do equipo contrario e das ausencias. O equipo recuperouse moi ben animicamente empatando os tres últimos cuartos mostrando no terreo de xogo o traballo realizado nos adestramentos.
Imos por bo camiño, temos que estudar duro no insti e na casa para poder adestrar con continuidade durante a semán.
PARABÉNS a todos polo que demostrástedes tanto na cancha como fora dela; o igual que sabemos gañar tamén asumimos con moita deportividade  as derrotas.
Moitas grazas ós pais, nais e xiareir@s que se pegaron o madrugón para animar ó EQUIPO infantil.
Seguimos estudando e adestrando duro.
O voso adestrador.

lunes, 26 de noviembre de 2012

EQUIPO MINI MIXTO DE ADRIAN E JAVI


Temos un equipo minimixto que serán o futuro da ADB Fontiñas. Comenzaron con moi bo pe e están a dar a batalla, na dura competición Mini de Santiago e comarca. Ánimo a tod@s e veredes que con esforzo e dedicación, pronto chegarán as victorias.

Xornada do 1 e 2 de decembro do 2012.

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 1 E 2 DE DECEMBRO DO 2012:

3º DIVISIÓN:  ENSANCHE-ADB FONTIÑAS: Sábado1 de decembro as 20 horas en Calo: Perdimos outra vez de 2 puntos. Isto debe ser un acicate para seguir traballando. A 2ª volta será diferente e as derrotas convertiránse en victorias. Animo e adiante.
JUNIOR FEMININO: ADB FONTIÑAS-RÍO ULLA: Sábado 1 de decembro, as 20 horas en Fontiñas: Perdimos .
JUNIOR MASCULINO: ADB FONTIÑAS-BOIRO: Sábado 1 de decembro, as 16 horas en Fontiñas: Gañamos 53-37
CADETE LIBRERÍA FONSECA: ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-PELETEIRO: Domingo2 de decembro, as 10 horas en Fontiñas: Perdimos 54-59.
CADETE ALCAMPO: ADB FONTIÑAS ALCAMPO-BOIRO: Sábado 1 de decembro, as 18 horas en Fontiñas: Gañamos de 23. Partido moi importante pois nos fai gañar un posto. Moi bo partido sobre todo da segunda unidade. Debermos seguir correxindo errores non forzados.
INFANTIL FEMININO: CÍA DE MARÍA-ADB FONTIÑAS: Sábado 1 de decembro, as 16 horas en Cía de Mª: perdimos.
INFANTIL MASCULINO: OBRADOIRO-ADB FONTIÑAS: Sábado 1 de decembro, as 10 horas en Pontepedriña: Perdimos, pero seguimos na pomada.....Verémonsos na segunda volta.
MINI MIXTO: LA SALLE MIXTO-ADB FONTIÑAS IGS: Sábado 1 de decembro, as 13:00 h. en Quiroga Palacios: Perdimos, pero nótase a mellora no campo deste grupo que ten tanto futuro.

domingo, 25 de noviembre de 2012

INFANTIL masc. ADB FONTIÑAS 54 - ADM AMES "B" 34

Parciais:22-8 / 20-8 / 2-11 / 10-7
Anotadores: Pepe Lores 14, Manuel Canal 14, Martín Pérez 10, Brais Barcala 10, David Eyo 2, Victor Beiroa 2, Pablo Jahnen 2.
Outro moi bo partido do equipo infantil da ADB Fontiñas. Excelente primeiro tempo tanto en defensa como en ataque cun parcial total de 42-16. Na segunda parte do encontro o equipo baixou o nivel da primeira perdendo moitos balóns e aflouxando en defensa. A destacar a boa defensa e dirección de equipo de Alberto Saborido no tempo que estivo en cancha  e o tiro exterior de Brais Barcala (5 de 6). Noraboa a TODOS.
O fin de semán temos un partido difícil contra Obradoiro así que a estudar e adestrar duro para estar en boas condicións.
O voso adestrador

lunes, 19 de noviembre de 2012

XORNADA DO 24 E 25 DE NOVEMBRO DO 2012

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 24 E 25 DE NOVEMBRO DO 2012.
NA XORNADA ANTERIOR, TANTO O CADETE MASCULINO DE DANI COMO O INFANTIL FEMININO DE JORGE, QUEDARON SI POÑER O RESULTADO POIS NON MO PASARON......

3ª DIVISIÓN: ADB FONTIÑAS-CÍA DE MARÍA: Sábado, 24 de nov. as 20 horas en Fontiñas: PERDIMOS DE 2, DESPOIS DUNHA REMONTADA EXCEPCIONAL. O EQUIPO SIGUE PROGRESANDO. OS RESULTADOS POSITIVOS VIRÁN PRONTO.
JUNIOR FEMININO: DESCANSA.
JUNIOR MASCULINO: FEDESA-ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA:.Sábado, 24 de nov. as 10 h. en Rosalía: PERDIMOS.
CADETE LIBRERÍA FONSECA: PELETEIRO B-ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA: Sábado, 24 de nov. as 16 horas, en Montouto: GAÑAMOS.
CADETE ALCAMPO: FEDESA-ADB FONTIÑAS ALCAMPO: Sábado, 24 de nov. as 12 h. en Rosalía.:PERDIMOS. O EQUIPO PUDO XOGAR MELLOR. SEGUIMOS COMETENDO ERRORES NON FORZADOS QUE NOS DEBILITAN. A PRESIÓN QUE NOS FAN, DESTRÓZANOS. TEMOS QUE ESPABILAR NESTOS TEMAS.
INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS-RIVEIRA: Sábado, 24 de nov. as 16 horas en Fontiñas: GAÑAMOS. PRIMEIRA VICTORIA DAS NENAS, QUE NOS ENORGULLECE A TODO O CLUBE. SEGUIRÁN MOITOS MÁIS EXITOS SI SEGUIMOS NESTA LÍNEA. ÁNIMO CHICAS.
INFANTIL MASCULINO:ADB FONTIÑAS-AMES B:Sábado, 24 de nov. as 18 horas en Fontiñas: GAÑAMOS. SIGUE NUNHA LÍNEA ASCENDENTE ESTE EQUIPO DE MONCHO. AS VICTORIAS SON O RESULTADO DO ESFORZO. SE SIGUEN ESFORZÁNDOSE PODEN CHEGAR MOI ALTO NESTE 1º ANO DE INFANTIL.
MINI MIXTO:  ADB FONTIÑAS IGS-PELETEIRO MIXTO: Sábado, 24 de nov. as 11:30 horas en Quiroga Palacios: PERDIMOS (pero dixo o adestrador que se xogou moi ben.....).

domingo, 18 de noviembre de 2012

INFANTIL masc: S.J. CLUNY 39 - ADB FONTIÑAS 45

Parciais: 4-12 / 15-12 / 10-12 / 10-9 
Anotadores:
Alberto Saborido 2, Manuel Canal 14, Pepe Lores 22, Pablo Ferrín 1, Iñaki Clavero 2, Simón González 1, Victor Beiroa 3.
Moi bo partido o disputado este sábado contra Cluny. Forte defensa e prometedor contraataque para posteriores encontros. Excelente contribución dos 10 xogadores convocados. Imos por bo camiño, tres de tres, pero sen euforia, con confianza e humildade. Tarde ou cedo as derrotas chegarán e habrà que saber asumilas. PARABÉNS os xogadores e grazas os pais, nais e xiareiros que nos viñeron a animar.
Seguimos adestrando e estudando duro.

O voso adestrador.

viernes, 16 de noviembre de 2012

CONDOLENCIAS

A Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas xunto con toda a familia do Baloncesto Santiagués únese as condolencias polo falecemento no día de onte de Matías Briansó Invernon.
Federación Galega de Baloncesto (Enlace)
ADB FONTIÑAS

lunes, 12 de noviembre de 2012

XORNADA DO 17 E 18 DE NOVEMBRO DO 2012

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 17 E 18 DE NOVEMBRO DO 2012.SIGO SIN RECIBIR OS RESULTADOS DOS EQUIPOS UNHA VEZ REMATADOS OS MISMOS...........ESTA SEMÁN NON SEI O JUNIOR MASCULINO E O JUNIOR FEMININO. SI NON O SEI EU, NON SE COLOCA NO BLOG E NON O SABE A XENTE DA AGRUPACIÓN.

 3ª DIVISIÓN: OSO POLAR DE CEE-ADB FONTIÑAS: DOMINGO 18, AS 17 HORAS EN CEE: PERDIMOS.

OLLO ÓS PARTIDOS DE CASA: SON EN PONTEPEDRIÑA............

JUNIOR FEMININO: ADB FONTIÑAS-LALÍN: SÁBADO 17, AS 18 HORAS EN PONTEPEDRIÑA: GAÑAMOS: PARABÉNS O EQUIPO JUNIOR FEMININO QUE ACADA A SÚA PRIMEIRA VICTORIA. VEREDES COMO NO É A ÚLTIMA. ÁNIMO E ADIANTE. 
JUNIOR MASCULINO: FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-PELETEIRO: SÁBADO 17, AS 16 HORAS EN PONTEPEDRIÑA: PERDIMOS 45-49.
CADETE: ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-OBRADOIRO: SÁBADO 17, AS 20 HORAS EN PONTEPEDRIÑA: PARTIDO SUSPENDIDO.

CADETE: FONTIÑAS ALCAMPO-PELETEIRO: VENRES, 16 DE NOVEMBRO, AS 18 H. EN FONTIÑAS: PERDIMOS NUN BÓ PARTIDO DE TODO O EQUIPO, PERO A SUPERIORIDADE DE PELETEIRO FOI MANIFESTA, NA CANCHA E NO RESULTADO. SEGUIREMOS PROGRESANDO PARA MELLORAR O QUE FACEMOS MAL.
INFANTIL FEMININO: NOIA-ADB FONTIÑAS: EN NOIA, O SABADO 17, AS 10 HORAS: PERDIMOS DE 26.

 INFANTIL MASCULINO: CLUNY-ADB FONTIÑAS: O SÁBADO, 17, AS 18 HORAS: GAÑAMOS 39-45.
MINI MIXTO: SAN PELAIO-ADB FONTIÑAS IGS: O SÁBADO 17, AS 11:45 H. NO RESTOLLAL: PERDIMOS 46-42.

domingo, 11 de noviembre de 2012

INFANTIL masc: ADB FONTIÑAS 46 - PELETEIRO 35


PARCIAIS: 06-03 / 14-09 / 13-07 / 13-16
Anotadores : Victor Beiroa (6), Iñaki Clavero (2), Pepe Lores (14), Martín Pérez (7), Manuel Canal (16)
VITORIA NO SEGUNDO PARTIDO DÁ TEMPADA  DO ADB FONTIÑAS CONTRA PELETEIRO. ENCONTRO “FEO” E TRABADO DEBIDO AS FORTES DEFENSA DE ÁMBOLOS DOUS EQUIPOS, POUCA FLUIDEZ EN ATAQUE DO NOSO EQUIPO CON MOITAS PERDAS DE BALÓN, ALGUNHA QUE OUTRA FALTA DE CONCENTRACIÓN QUE HAI QUE CORREXIR,  CASE NINGÚN  TIRO EXTERIOR E  MOI BO TRABALLO EN DEFENSA E  ATAQUE BAIXO OS AROS. PARABÉNS A TODOS.
SEGUIMOS ESTUDANDO E ADESTRANDO PARA MELLORAR O XOGO EN CONXUNTO.
O VOSO ADESTRADOR.

lunes, 5 de noviembre de 2012

XORNADA DO 10 E 11 DE NOVEMBRO DO 2012

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 10 E 11 DE NOVEMBRO: 3ª DIVISIÓN: ADB FONTIÑAS-SANTA BAIA DE BOIRO: Sábado 10 de nov. As 18 horas en Fontiñas:GAÑAMOS NUN VIBRANTE PARTIDO ONDO TODO O EQUIPO FOI FUNFAMENTAL PARA VENCER O GRAN EQUIPO DE BOIRO. JUNIOR FEMININO: LA SALLE-ADB FONTIÑAS: Domingo, 11 de novembro, as 12 horas en La Salle. JUNIOR MASCULINO: LA SALLE- ADB FONTIÑAS: Domingo, 11 de novembro, as 1o horas en La Salle. CADETE MASCULINO: NOIA-FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA: Domingo, 11 de novembro, as 17 horas en Noia. CADETE MASCULINO: PELETEIRO B-FONTIÑAS ALCAMPO: Sábado día 10, as 16 horas en Montouto: PERDIMOS NUN FLOXO PARTIDO DE TODO O EQUIPO. INFANTIL FEMININO: PÍO XII B- ADB FONTIÑAS:SÁBADO, DÍA 10, AS 10 EN PIO XII: PERDIMOS. INFANTIL MASCULINO: ADB FONTIÑAS-PELETEIRO B: Sábado, 10 de novembro, as 16 horas, en Fontiñas: GAÑAMOS. MINI MIXTO:ADB Fontiñas IGS Mixto-Lopez Ferreiro Mixto: Sábado, 10 de novembro as 9:45 h. en Restollal: GAÑAMOS O PARTIDO SIN PRESENTARNOS POIS O RIVAL NON TIÑA DILIXENCIADAS AS FICHAS. Controlade os partidos aprazados: 3ª DIVISIÓN: ADB Fontiñas-Bonaval: o venres, día 9 as 21 horas en Fontiñas. Cadete ADB Fontiñas Alcampo-Rosalía C: en Fontiñas, o venres día 9 as 18 horas: PERDIMOS. Cadete ADB Fontiñas Alcampo-Obradoiro: cambio de orden dos partidos, xogamos o xoves, día 8, as 18:30 h. en Pontepedriña:GAÑAMOS DESPOIS DUN GRAN PARTIDO DE TODO O EQUIPO. FUMOS PERDENDO CASI TODO O ENCONTRO, PERO NUN ÚLTIMO CUARTO ESPECTACULAR, LLE DIMOS A VOLTA O RESULTADO. O FINAL 45-50. PARABENS A TODOS. Junior Masculino: ADB Fontiñas-Obradoiro: cambio de orden dos partidos, xogamos o xoves, día 8, as 20 h. en Pontepedriña: GAÑAMOS 51-54, NUN PARTIDO XOGADO DE PODER A PODER. AS LESIÓNS NO OBRADOIRO E A CONSTANCIA NO XOGO EN FONTIÑAS, FORON DECISIVAS. PARABENS A TODOS.

lunes, 29 de octubre de 2012

XORNADA DO 3 E 4 DE NOVEMBRO DO 2012

Partidos da xornada do 3-4 de novembro do 2012 da ADB Fontiñas: 3ª División: Conxo-ADB Fontiñas: Sábado 3 de Novembro, as 20 horas en Pontepedriña: PERDIMOS. Junior Feminino: ADB Fontiñas- AD Cortegada: Sábado, 3 de novembro as 16 horas en fontiñas: PERDIMOS. Junior Masculino: ADB Fontiñas-Obradoiro: Aprazado. Cadete Fontiñas Librería Fonseca: Fontiñas Librería Fonseca-Rosalía: Sábado, 3 de novembro, as 18 horas, en Fontiñas. Cadete Fontiñas Alcampo: Fontiñas Alcampo-Obradoiro: cambio de orden: en casa do Obradoiro: o 8/11/12, as 18:30 h. en Pontepedriña. Infantil Masculino: Non xoga. Infantil Feminino: Non xoga. Mini Mixto: empezan o 10 de novembro.

FEDESA 38 - ADB FONTIÑAS 50


O equipo infantil masculino da ADB Fontiñas iniciou a tempada este domingo cunha merecida vitoria ante Fedesa (38-50). Por mor  dos nervios iniciais  do primeiro partido e o baixo resultado na primeira parte con parciais de 3-10 e 13-10 o equipo reaccionou realizando un gran esforzo no terceiro cuarto (9-21). No último período (13-9) e cunha vantaxe de 25 puntos o equipo sufriu un baixón  físico produto da participación de moitos dos seus compoñentes na Carreira Pedestre esa mesma mañá o que levou a unha pequena relaxación . A destacar a boa defensa de Martín Pérez e Victor Beiroa asi como a intimidación e o poder reboteador de Pepe Lores.
Parabéns a TODOS, empezamos ben. A estudar e a adestrar duro.
O voso adestrador.

martes, 23 de octubre de 2012

PARTIDOS DA XORNADA DO 27 E 28 DE OUTUBRO E ATRASADOS



Adxunto os partidos dos equipos da ADB Fontiñas, desta xornada e os partidos atrasados. Confirmade os adestradores que está corecto e avisádeme de calquera cambio. Tamén, o rematar cada partido, mandádeme un mensaxe co resultado (sempre). 

XORNADA DO 27-28 DE OUTUBRO DO 2012-10-22  E ATRASADAS:

SENIOR 3ª DIVISIÓN:
                ADB FONTIÑAS- BASKET RIVADULLA DA 3ª XORNADA:  EN VEDRA (CAMBIO DE ORDEN NOS PARTIDOS): DOMINGO 28 AS 19 HORAS: PERDIMOS, DESPOIS DUN PARTIDO VIBRANTE QUE SE PUDO GAÑAR. CA RECUPERACIÓN FINAL.
NOIA-ADB FONTIÑAS DA 1ª XORNADA: EN NOIA, O 1 DE NOVEMBRO AS 19 HORAS.
                ADB FONTIÑAS-BONAVAL: DA 2ª XORNADA: VENRES, 9 DE NOVEMBRO, AS 21 HORAS, EN FONTIÑAS.
JUNIOR FEMININO:
                FONTIÑAS-NOIA DA 2ª XORNADA: CAMBIO DE ORDEN DOS PARTIDOS: EN NOIA, O DOMINGO 28 AS 10H: PERDIMOS.
                PIO XII FADESA-ADB FONTIÑAS: O 26 DE OUTUBRO, AS 19:30 H. EN PIO XII: PERDIMOS.MIRADE NO BLOG OS COMENTARIOS A ESTE PARTIDO............
JUNIOR MASCULINO:
                NOIA-FONTIÑAS: DOMINGO 28, AS 12 EN NOIA: PERDIMOS.
CADETE MASCULINO LIBRERÍA FONSECA:
                ADB FONTIÑAS LIB. FONSECA-ADB FONTIÑAS ALCAMPO DA 1ª XORNADA: VENRES, 26 AS 17:30 H. EN FONTIÑAS: GAÑARON OS DE LIBRERÍA FONSECA, NUN PARTIDO "FRATRICIDA", QUE GAÑARON EN BOA LID OS DE 2º ANO.
RIVEIRA-F. LIB. FONSECA DA 3ª XORNADA: SÁBADO 27 AS 16 H. EN RIVEIRA: PERDIMOS.
CADETE MASCULINO F. ALCAMPO:
                ADB FONTIÑAS LIB. FONSECA-ADB FONTIÑAS ALCAMPO DA 1ª XORNADA: VENRES, 26 AS 17:50 H. EN FONTIÑAS: GAÑARON OS DE LIBRERÍA FONSECA, NUN PARTIDO "FRATRICIDA", QUE GAÑARON EN BOA LID OS DE 2º ANO.
                ADB FONTIÑAS ALCAMPO-ROSALIA DA 2ª XORNADA: O 9 DE NOVEMBRO, AS 18 H. EN FONTIÑAS.
NOIA-ADB FONTIÑAS ALCAMPO: O DOMINGO 28 AS 17 H. EN NOIA: GAÑAMOS 37-61: PUNTOS IMPORTANTES, NUNHA CANCHA DIFICIL, PERO ONDE OS NOSOS FIXERON UN PARTIDO MOI COMPLETO, PARTICIPANDO TÓDALAS UNIDADES DUNHA FORMA IMPORTANTE. PARABENS A TODOS POLO PRIMEIRO PARTIDO GAÑADO NESTA COMPETICIÓN TAN DIFICIL ESTE ANO.
INFANTIL MASCULINO:
                FEDESA-ADB FONTIÑAS: Domingo 28, as 19 h. en Rosalía: GAÑAMOS 38-50.
INFANTIL FEMININO:
                ADB FONTIÑAS-CLUNY: O SÁBADO AS 18 HORAS EN FONTIÑAS: PERDIMOS.


miércoles, 10 de octubre de 2012

TEMPADA 2012-2013

Xa comeza a tempada para tódolos xogadores, técnicos, directivos, pais, nais e xiareiros da ADB Fontiñas.
Ánimo a todos, espíritu competitivo, educación e respeto por todos os integrantes deste gran deporte.
Qué a tempada supere todas as nosas expectativas. ÁNIMO FONTIÑAS!!!.

jueves, 4 de octubre de 2012

CALENDARIUO JUNIOR MASCULINO

Debido a retirada de Rosalía D, deberemos facer un novo calendario, que se fará mañán venres. Sairá na páxina web da FGB xá mañán a última hora. Tirade o vello os que o teñades e quedade co novo.

CALENDARIO CADETE MASCULINO

Xá está na páxina web da FGB o calendario Cadete Masculino: comenzaremos xogando: o de 1º ano co de 2º ano.................................miráde os partidos e facede o comentario desta semán: TODOS.

martes, 2 de octubre de 2012

CALENDARIOS SENIOR, JUNIOR E CADETE.

Na páxina web da Federación Galega de Baloncesto, están os calendarios das categorías Senior de 3ª división, Junior e Cadete. Falta o Cadete masculino, que se fixo sin Riveira, e temos unha nova reunión o 4 de outubro. Poderá verse a partir dese día.

lunes, 24 de septiembre de 2012

DOCUMENTACIÓN PARA AS FICHAS. SEGURO DEPORTIVO.

Se recorda a todol@s alumn@s da ADB Fontiñas, que teñen que entregar ó seu adestrador: duas fotos orixinais tamaño carnet e unha fotocopia do DNI (no seu caso libro de familia: na folla d@ alumn@).
Os adestradores elaborarán os equipos e logo os entregaremos na Delegación Santiaguesa de Baloncesto.
O tema do Seguro: para os Cadetes, Infantís e Mini-Premini, será a través de Programa XOGADE da Xunta de Galicia. Os Junior e Senior, a través do Policlínico A Rosaleda, coma sempre. SI ALGÚN/HA ALUMN@ PRECISA ASISTENCIA, SI TEMOS O PAPEL DO SEGURO, CHAMAREMOS O SEGURO PARA QUE NOS DÉN O Nº DE EXPEDIENTE E LOGO IREMOS A ROSALEDA. De non telo, iremos igual a Rosaleda, facemos un depósito de 50 euros, que nolo devolverán o entregar o papel do seguro co nº de expediente. De todas formas, si temos algun percance, os adestradores saben cómo actuar.

jueves, 20 de septiembre de 2012

ASEMBLEA DA ADB FONTIÑAS

Despois da realización da Asemblea da ADB Fontiñas, cunha gran presenza de pais/nais, alumn@s, etc. decidíuse subir a cota do mes, a 22 euros, durante os 10 meses da actividade. Despois dun turno de Rogos e Preguntas, levantouse a sesión as 21:15 horas.

lunes, 17 de septiembre de 2012

TARXETAS DE COLABORACIÓN CA ADB FONTIÑAS

TODOS/AS AQUELES QUE TEÑAN TARXETAS DE COLABORACIÓN CA ADB FONTIÑAS, OU NO SEU CASO O DIÑEIRO CORRESPONDENTE, QUE O ENTREGUEN A DIRECTIVA O DÍA 19, MÉRCORES, NA ASAMBLEA DA AGRUPACIÓN, NO PAVILLÓN DE FONTIÑAS. GRAZAS NO NOME DA DIRECTIVA.

sábado, 15 de septiembre de 2012

AVISO IMPORTANTE DA ASAMBLEA

A ASAMBLEA DA ADB FONTIÑAS, É O DÍA 19 DE SETEMBRO E NON O DÍA 26 COMO POR ERROR PUXEMOS NOS PAPEIS QUE SE PASARON. SERÁ POIS O 19 DE SETEMBRO, MÉRCORES AS 20 HORAS, NO PAVILLÓN DE FONTIÑAS.
O ORDEN DO DÍA SERÁ:

1º: ACORDO PARA A FINANCIACIÓN DA AGRUPACIÓN (POSIBLED SUBIDA DE CUOTAS).

2º:ROGOS E PREGUNTAS.

AVISADE A TODOL@S ALUMN@S QUE PODADES, PARA QUE ASISTAN, TANTO ELES/ELAS, COMO OS/AS  SEUS PAIS/NAIS.
PERDOADE AS MOLESTIAS.

lunes, 10 de septiembre de 2012

FENOMENAL NOTICIA PARA A ADB FONTIÑAS

O EQUIPO SENIOR DE TERCEIRA DIVISIÓN, MANTÉN A SÚA CATEGORÍA PARA A TEMPADA 2012-2013. SORTE O EQUIPO E QUE ESTA LIGA SEXA A DA CONSOLIDACIÓN DO GRUPO NESTA DIVISIÓN.

jueves, 6 de septiembre de 2012

NOVOS HORARIOS DO INFANTIL E O CADETE DE 1º ANO

INFANTIL MASCULINO: OS MÉRCORES E VENRES DE 7 A 9. XUNTO COS CADETES MASCULINO DE 2º ANO.
CADETE MASCULINO DE 1º ANO: OS MÉRCORES E VENRES DE 5:30 A 7 H.
SEGUIMOS PENDENTES DUN 3º DÍA PARA ADESTRAR, SOBRE TODO OS EQUIPOS QUE ESTÁN A MEDIA CANCHA.
ESCRIBIDE NO BLOG!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 28 de agosto de 2012

COMENZAMOS A TEMPADA 2012-2013

O vindeiro mércores, 5 de Setembro, comezaremos os adestramentos da ADB Fontiñas. Será no mesmo horario que o ano pasado: nenas de Infantil, Cadete e Junior, as 4 da tarde en Fontiñas, ata as 5:30 h. Os Infantis de 1º e 2º ano, as 5:30 h. ata as 7 da tarde. Os cadetes de 1º e 2º ano, as 7 da tarde, ata as 9. Os Junior e Senior, de 9 a 11 horas. Teremos, en principio, os mércores e os venres, pero como podemos ser 10 equipos este ano, temos solicitado un día máis: xá veremos o que nos dán..........Teremos que ser tod@s puntuais, tanto para comezar como para rematar os adestramentos.
Tedes TOD@S que traer duas fotos e a fotocopia do DNI (tamén os adestradores).
Teremos alumn@s novos. Si controlades a alguén que quera participar, que veña o mércores (si poden).
Os de Mini e Premini, penso que poderemos tamén empezar esa semán 1ª de setembro, pero teño que falar co Director de Primaria (están de vacacións).
As informacións iremolas colgando no blog (espero que este ano, participedes máis que o ano pasado, porque ísto parece máis un monólogo que un blog). Apuntade o que consideredes, sempre con respeto e educación. Colgade as fotos, videos, etc. que consideredes de interese para a Agrupación, que o voso blog sexa de uso diario, o que fará deste foro o máis dinámico de Santiago e comarca.

jueves, 5 de julio de 2012

TEMOS UN NOVO PATROCINADOR NA ADB FONTIÑAS

A AGRUPACIÓN DEPORTIVA DE BALONCESTO FONTIÑAS, TEN UN NOVO PATROCINADOR: TRÁTASE DO "INSTITUTO GALEGO DO SONO" (IGS) DA CLÍNICA GAIÁS, QUE DIRIXE O DR. JESÚS SUAREZ MARTINEZ (SITUADA NA RÚA PINTOR XAIME QUESADA 2-4 (TF. 981.566801- www.institutogalegodosono.com).
PATROCINARÁ O EQUIPO INFANTIL MASCULINO DE SEGUNDO ANO (DE ADRIÁN), CON 400 EUROS.
AGRADECEMOS A ESTE NOVO PATROCINADOR A SÚA AXUDA, E NOS SENTIMOS MOI SATISFEITOS POLO SEU INTERESE POLO BALONCESTO DE BASE. ESPEREMOS CORRESPONDERLLE CON MOITAS VICTORIAS E FACENDO UN GRUPO CON FUTURO EN TODOLOS SENTIDOS. ANIMO E ADIANTE.

lunes, 25 de junio de 2012

OFERTON LIBRERÍA FONSECA


DESPOIS DE NOMBRAR SOCIO DE HONRA A LIBRARÍA FONSECA, ÉSTA NOS DA O SEGUINTE OFERTÓN:

"Oferta da Libraría Fonseca, Socio de Honra da ADB Fontiñas, a todol@s alumn@s e colaborador@s, para o curso 2012-2013:

Todol@s alum@s e colaborador@s, que compren os libros de texto na Libraría Fonseca, recibirán un cheque-regalo polo 10% do importe de dita compra.
Este cheque-regalo, non ten caducidade e poderá utilizarse un calquera momento, tanto na Libraría Fonseca como na Libraría Follas Novas.
Aceptamos os vales de axuda emitidos pola Xunta de Galicia".

Libreria Fonseca
c/ Rosalía de Castro, 65
TLF: 981594790 - FAX: 981593291
CORREO: libros@libreriafonseca.com

APROVEITADE ESTA OCASIÓN E DA MESMA FORMA QUE A LIBRARÍA FONSECA COLABORA CO BALONCESTO DE BASE, NÓS COLABORAREMOS CA LIBRARÍA FONSECA.
UNHA APERTA E FELIZ VERÁN.

miércoles, 20 de junio de 2012

VACACIÓNS DA ADB FONTIÑAS

A PARTIR DO DÍA DE HOXE, 20 DE XUÑO, DAMOS VACACIÓNS @S ALUMN@S. VOLVEREMOS A FINAIS DE AGOSTO, PARA COMENZAR A TEMPADA 2012-13 EN SETEMBRO.
ACORDÁDEVOS DE FACER ALGO DE DEPORTE (NON TEN POR QUÉ SER SÓ BALONCESTO) E PODER CHEGAR EN FORMA A NOVA ETAPA.
ALEGRÍAS PARA @S QUE SACÁCHEDES O CURSO LIMPO E POR FAVOR, APLICÁDEVOS @S QUE SUSPENDÍCHEDES ALGUNHA. O VERÁN É MOI LARGO E PODEDES DEDICARVOS A ESTUDIAR O QUE NECESITEDES E FACER DEPORTE. UNHA APERTA A TOD@S DENDE A DIRECTIVA DA ADB FONTIÑAS E VÉMONOS A FINAIS DE AGOSTO.

domingo, 17 de junio de 2012

FESTA FIN DE TEMPORADA 2011-12

EXITAZO DA FESTA DE FIN DA TEMPORADA 2011-12. FOI A FESTA QUE CONGREGOU A MÁIS PERSOAS DE TODALAS QUE FIXEMOS. ASISTIU O CONCELLAL DE DEPORTES, ADRIÁN VARELA, QUE SE COMPROMETEU A QUE O ANO QUE VEN, TEÑAMOS ALGO MÁIS DE TEMPO PARA ADESTRAR OS 10 EQUIPOS QUE TEREMOS.
RECORDAR @S ALUMN@S, QUE @S CHAMAREMOS A FINAIS DE AGOSTO, PARA EMPEZAR A ADESTRAR XÁ EN SETEMBRO.
TAMÉN, SI ALGUÉN SACOU FOTOS DO DÍA DA FESTA, POR FAVOR, QUE AS COLGUE NO BLOG OU QUE AS MANDE O CORREO ELECTRÓNICO jmdidi@gmail.com  E LOGO AS COLGAREMOS NO BLOG.
GRAZAS A TOD@S EN NOME DA DIRECTIVA DA ADB FONTIÑAS, PASÁDEO VEN NAS VACACIÓNS (FACEDE ALGO DE DEPORTE E NON PERDEREDES A FORMA) E VÉMONOS EN SETEMBRO.

viernes, 15 de junio de 2012

FESTA DE FIN DE TEMPORADA DA ADB FONTIÑAS

O VINDEIRO SÁBADO, 16 DE XUÑO, A ADB FONTIÑAS CELEBRA A FESTA DE FIN DE TEMPORADA 2011-2012. SERÁ EN PRIMARIA DE FONTIÑAS. COMENZARÁ AS 17:30 COS PARTIDOS ENTRE PAIS/NAIS/E DEMÁIS FAMILIA CONTRA @S ALUMN@S E ADESTRADORES. SOBRE AS 19 HORAS ENTREGA DE REGALOS E PALABRAS DO CONCELLAL DE DEPORTES, ADRIÁN VARELA. A CONTINUACIÓN UNHA MERENDA CEA, CON MÚSICA, AMENIZADA POLO dj MÁIS FAMOSO DE SANTIAGO: VICTOR. ESPERAMOS A VOSA PRESENZA E A DOS VOSOS FAMILIARES E AMIG@S.
ADESTRAREMOS O 20 DE XUÑO E DAREMOS VACACIÓNS NO PAVILLÓN DE FONTIÑAS. @S DE PRIMARIA DE FONTIÑAS, ADESTRARÁN TAMÉN O 22 VENRES (pendentes de si teñen festival ou non).
FELICES VACACIÓNS PARA TOD@S. DISFRUTADE DO VERÁN E EN AGOSTO, A FINAIS, CHAMARÁSEVOS, PARA RETOMAR A ACTIVIDADE DA TEMPORADA 2012-2013.

martes, 12 de junio de 2012

Carta aberta. Xogadores Minis ADB Fontiñas


Sodes vós a razón de ser deste proxecto que comezamos xa fai tres anos.
Sodes vós os que conseguístedes todo o que vos propuséstedes.
Sodes vós os que adestrastes, os que perdestes a primeira vez (44-4), os que aguantastes, os que gañastes, os que vos enfadastes, os que gozastes.
Sodes vós xunto cos vosos compañeiros e pais os que elexistes este deporte para reforzar uns valores de respeto, traballo, compañeirismo, deportividade, amistade...
Puido haber moitas voltas o campo, poucas flexións e menos abdominais, algún berro que outro:

"Manuel pásaa e dirixe. Carlos os cordóns e bota. Rosa atende!.  Barcala tranquilo e baixa o cu. Campaña esa remanguillé e fíxate.  Fermín brazos arriba. Martín forza e axuda. Mariña sen medo. Isma bota e reverso. Paula ánimo. Eva liña de pase. Elena defensa. Marta xogamos abertos. Ana defende."

Só vos pode dicir:
Moitísimas grazas.
Pasade un bo verán e cargar as pilas para o curso e a tempada que vén.
O vosos adestrador.
P.D. E qué xa Sodes "maiores"!!

lunes, 11 de junio de 2012

MALAS NOTICIAS PARA O EQUIPO DE 3ª DIVISIÓN

SI NON CAMBIA A COUSA, QUEDAMOS DE 56, DE 60 QUE ERAMOS NA COMPETICIÓN. DESCENDEN 6. EN CASO DE DESAPARECER ALGÚN EQUIPO, PRIMEIRO SUBIRÍA O SEGUINTE DE CUARTA DIVISIÓN E LOGO SI FALTARA OUTRO, QUEDARÍAMOS NÓS. ESTÁ COMPLICADO, PERO NON PERDEMOS A ESPERANZA ATA O 31 DE XULLO QUE É O PECHE DA INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS PARA A TEMPADA 2012-13.

EXITO DO DÍA DO MINIBASKET

O EQUIPO DE MONCHO, O MINI M IXTO, PERDEU CONTRA TIRSO DE MOLINA PERO GAÑOU FRENTE A AS PONTES.
O EQUIPO DE CHECHU E JAVI, GAÑOU O PRIMEIRO PARTIDO CONTRA O GROVE E GAÑOU O SEGUNDO NO ÚLTIMO SEGUNDO E CUNHA CANASTA ESPECTACULAR, CONTRA FRANCISCANOS 2002.
EXITO DE CONVIVENCIA ENTRE 100 EQUIPOS DE TODA GALICIA. A AGRUPACIÓN DEPORTIVA DE BALONCESTO FONTIÑAS, FIXO UN PAPEL IMPRESIONANTE. NORABOA A TOD@S E VÉMONOS NA FESTA DO DÍA 16 AS 17:30 HORAS EN PRIMARIA DE FONTIÑAS.

viernes, 8 de junio de 2012

ACORDOS DA ASAMBLEA DO ANO 2012

ONTE CELEBROUSE A ASAMBLEA ANUAL DA ADB FONTIÑAS. ENTRE OUTROS, TOMÁRONSE OS SEGUINTES ACORDOS:

APROBAR POR UNANIMIDADE O BALANCE ECONÓMICO DA AGRUPACIÓN (24 VOTOS A FAVOR, NINGÚN EN CONTRA E UNHA ABSTENCIÓN).

NOMEAR "SOCIO DE HONRA" A LIBRERÍA FONSECA, POLO PATROCINIO DO EQUIPO CADETE MASCULINO.

REALIZAR A FESTA DE FIN DE CURSO O DÍA 16 DE XUÑO, DENDE AS 17 HORAS CO PARTIDO ENTRE PAIS/NAIS/ETC. E ALUMN@S. ENTREGA DE REGALOS SOBRE AS 19 H. E MERENDA CEA, SOBRE AS 20 HORAS.

APROBAR POR 21 VOTOS A FAVOR, 3 EN CONTRA, E 3 ABSTENCIÓNS, A CAMPAÑA DE COLABORACIÓN CA AGRUPACIÓN, POSTA EN MARCHA A TRAVÉS DOS BONOS-AXUDA. CAMPAÑA QUE SE ESTÁ DESENROLANDO DE FORMA MOI POSITIVA, TANTO ENTRE @S ALUMN@S COMO A DIRIXIDA AS DIFERENTES EMPRESAS.

QUEDAMOS EMPRAZADOS PARA UNHA NOVA ASAMBLEA, NO COMEZO DO CURSO 2012-13, PARA TRATAR DIFERENTES TEMAS RELACIONADOS CA FINANCIACIÓN DA AGRUPACIÓN, E VER CÓMO VAI A CAMPAÑA DE COLABORACIÓN CA ADB FONTIÑAS.

jueves, 7 de junio de 2012

ADESTRAMENTO SENIOR DO 15 DE XUÑO

O 15 DE XUÑO, VENRES, O ADESTRAMENTO DO EQUIPO SENIOR, SERÁ AS 21 HORAS, COINCIDINDO CO DOS CADETES MASCULINO. PERDOADE AS MOLESTIAS, PERO ESTÁ OCUPADO O PAVILLÓN DE FONTIÑAS A ESA HORA.

lunes, 4 de junio de 2012

NON ADESTRAMENTO DO VENRES, 8, DE 16 A 19 HORAS.

O VENRES, DÍA 8 DE XUÑO, QUEDA SUSPENDIDO O ADESTRAMENTO NO PAVILLÓN DE FONTIÑAS, DO CADETE FEMININO E DO INFANTIL B. O MOTIVO É UN CAMPIONATO DE JUDO (MANDOU DEPORTES DO CONCELLO UN CORREO DECINDO ESTO MESMO E SIN DAR ALTERNATIVA DE CAMBIO DE PISTA NIN NADA). SENTIMOS AS MOLESTIAS. OS DEMAIS ADESTRAMENTOS MANTÉÑENSE.

viernes, 1 de junio de 2012

CARNETS DE COLABORADOR/A CA ADB FONTIÑAS

Nos vindeiros días pasaremos, a través dos adestradores, 5 carnets a cada alumn@ da ADB Fontiñas cun prezo de 10 euros (máis a vontade que cada quen queira dar).
 Entregarase o valor recadado a cada adestrador. O carnet supón unha grande axuda á Xunta Directiva para poder rematar unha temporada, que se ben no deportivo foi  excelente, no económico non o foi tanto.
Temos de prazo até o día da festa da agrupación, o vindeiro 16 de xuño, co partido entre pais/nais/avós/avóas/e demáis familia contra o alumnado da Agrupación. Logo, reparto de regalos e merenda-cea. Grazas de antemán e esperamos vervos na asemblea do día 7 de Xuño, ás 20:00 no pavillón de Fontiñas, á que rogamos unha asistencia masiva debido á importancia dos temas a tratar.

jueves, 31 de mayo de 2012

URXENTE

MAÑAN VENRES, DÍA 1 DE XUÑO, QUEDA SUSPENDIDO O ADESTRAMENTO NO PAVILLÓN DE FONTIÑAS, DO CADETE FEMININO E DO INFANTIL B (O INFANTIL A SIGUE DE EXCURSIÓN). O MOTIVO É UN CAMPIONATO DE JUDO (MANDOU DEPORTES DO CONCELLO UN CORREO DECINDO ESTO MESMO E SIN DAR ALTERNATIVA DE CAMBIO DE PISTA NIN NADA). SENTIMOS AS MOLESTIAS. OS DEMAIS ADESTRAMENTOS MANTÉÑENSE.

martes, 29 de mayo de 2012

Entrega de Copa e medallas Mini Mixto


ASAMBLEA ANUAL DA ADB FONTIÑAS

ASAMBLEA ANUAL DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA DE BALONCESTO FONTIÑAS:
Día: 7 de xuño do 2012.     Hora: 20 horas. Lugar: Sala de prensa do pavillón de fontiñas.
ORDEN DO DÍA:
1º) Lectura e aprobación se procede, da acta anterior.
2º) Informe da Presidenta (informe ecoóômico).
3º) Informe do Coordinador e valoración da tempada 2011-2012.
4º) Nomeamento de Socio de Honra da tempada 2011-2012.
5º) Festa de fin de curso do dia 16 de xuño no colexio de primaria, as 17 h.
6º) Rogos e preguntas. 
Debido a importancia dos temas a tratar, rogamos @s pais/nais e @s alumn@s, que acudan a dar a súa opinión na Asamblea da Agrupación.
Santiago, 28 de Maio do 2012

lunes, 28 de mayo de 2012

SOBRESALIENTE A AFICIÓN DA AGRUPACIÓN

NUN DERROCHE DE IMAXINACIÓN E SABER ESTAR, A AFICIÓN DA ADB FONTIÑAS, ALUMN@S, PAIS, NAIS E AMIG@S, FORON UN CLAMOR PARA APOIAR O EQUIPO SENIOR. PANCARTAS, CÁNTICOS, OLA........APLAUSOS, MANTEOS, PASEÍLLO, ETC...FOI UN ESPECTÁCULO DIGNO DUNHA AGRUPACIÓN QUE MEDRA DÍA  A DÍA, E QUE AÍNDA COS TROPEZOS, SABE ESTAR UNIDA E SEGUIR FACENDO UNHA FAMILIA.
GRAZAS A TOD@S DENDE A DIRECTIVA E ESPERAMOS QUE ESTA SINTONÍA PERMANEZA POR MOITOS ANOS. NAS NOSAS MANS ESTÁ. UNHA APERTA A TOD@S E GRAZAS DE NOVO.

EXITO TOTAL DA ADB FONTIÑAS

PESE A PERDER O PARTIDO SENIOR CONTRA AS PONTES, O DÍA FOI MEMORABLE. EXITO DE PÚBLICO E EXITO DO EQUIPO SENIOR, QUE DOU TODO O QUE ESTIVO NA SÚA MAN, PERO NON FOI SUFICIENTE PARA GAÑAR A AS PONTES, QUE TAMÉN SE XOGABA O DESCENSO. TEMOS QUE ESPERAR A VER O QUE PASA NOS DESPACHOS, PARA SABER SI DESCENDEMOS A CUARTA DIVISIÓN, OU NON. SABRÉMOLO ESTA SEMÁN.

ADB Fontiñas Campións Mini Mixto. 2011-2012


Faltan Paula Soto, Chechu e Javi Cambeiro

jueves, 24 de mayo de 2012

ACUDIDE TOD@S O VENRES AS 21 HORAS

O VINDEIRO 25 DE MAIO, AS 21 HORAS E NO PAVILLÓN DE FONTIÑAS, TEREMOS O PARTIDO DERRADEIRO DESTA FASE: DE GAÑAR  A AS PONTES, (INDA QUE SEXA DE UN) QUEDAMOS NA 3ª DIVISIÓN. DE PERDER, IREMOS A 4ª DIVISIÓN. QUEREMOS DENDE O CLUB, INVITAR A TOD@S: ALUMN@S, PAIS, NAIS, TÍOS, SOBRIÑOS E DEMÁS FAMILIA. POR SUPOSTO TAMÉN A AMIG@S. TRAEDE TODO O RUIDO DO MUNDO, ASÍ COMO PANCARTAS, PARA AXUDAR O EQUIPO SENIOR A PERMANECER NUNHA CATEGORÍA QUE CUSTOU MOITO CONSEGUIR: ADB Fontiñas-As Pontes: 25 de maio, venres, as 21 horas.

martes, 22 de mayo de 2012

NOTICIA IMPORTANTÍSIMA PARA ADB FONTIÑAS

  IMPORTANTE noticia DO REPORTAXE QUE  fixo a ACB sobre Xoel e o seu irmán IAGO. http://www.acb.com/redaccion.php?id=84892

  Esta claro que co chándal fan boa publicidade do clube.

lunes, 21 de mayo de 2012

EQUIPO MINI MIXTO. 3º CAMPIONATO PROVINCIAL



EXITO DO EQUIPO MINI MIXTO

DESPOIS DE QUEDAR PRIMEIRO DE SANTIAGO NA LIGA REGULAR, O EQUIPO DE MONCHO QUEDOU 3º NA FASE PROVINCIAL, DESPOIS DE GAÑAR A CARBALLO E DE PERDER CON RIVEIRA.
PARABÉNS A ESTE EQUIPO, QUE FIXO UNHA CAMPAÑA EXCELENTE. QUEDA O DÍA 26 O MEMORIAL LORENZO DE LA TORRE E O DÍA AUTONÓMICO DO MINI BASKET.

PARTIDO A VIDA E MORTE DO SENIOR

O VINDEIRO 25 DE MAIO, AS 21 HORAS E NO PAVILLÓN DE FONTIÑAS, TEREMOS O PARTIDO DERRADEIRO DESTA FASE: DE GAÑAR  A AS PONTES, (INDA QUE SEXA DE UN) QUEDAMOS NA 3ª DIVISIÓN. DE PERDER, IREMOS A 4ª DIVISIÓN. QUEREMOS DENDE O CLUB, INVITAR A TOD@S: ALUMN@S, PAIS, NAIS, TÍOS, SOBRIÑOS E DEMÁS FAMILIA. POR SUPOSTO TAMÉN A AMIG@S. TRAEDE TODO O RUIDO DO MUNDO, ASÍ COMO PANCARTAS, PARA AXUDAR O EQUIPO SENIOR A PERMANECER NUNHA CATEGORÍA QUE CUSTOU MOITO CONSEGUIR: ADB Fontiñas-As Pontes: 25 de maio, venres, as 21 horas.

jueves, 17 de mayo de 2012

CAMPIONATO PROVINCIAL DE MINIBASKET


Como primeiro equipo clasificado na fase intercomarcal o equipo ADB Fontiñas Mini representará a zona de Santiago o vindeiro día 19 de maio no Campionato Provincial de Minibasket que terá lugar na Coruña no Pavillón Polideportivo A Sardiñeira (Avda. de Arteixo s/n).
Os xogadores terán que estar as 08:50 no estadio de San Lázaro para coller o autobús cara Coruña (prégase máxima puntualidade)
Horarios dos partidos: 
Polideportivo Sardiñeira (Pista 2):
11:00 - Semifinal: Carballo Basket – ADB Fontiñas. Dependendo do resultado do partido xogaremos ás:
16:00 polo  3º e 4º posto ou ás 17:30 pola final.
Esforzo e sorte  xogadores.

lunes, 14 de mayo de 2012

Partidos que faltan para rematar esta fase

HORARIOS NPROVISIONAIS:

3ª División:        

ADB Fontiñas-Dubra, da 6ª xornada, o 19 de Maio, sábado, as 20 horas: GAÑAMOS.

ADB Fontiñas. As Pontes da 2ª xornada: o 25 de maio, venres, as 21 horas.

Cadete Masculino:

Estrugasa Río Ulla-ADB Fontiñas: o 20 de Maio, domingo, as 12 en Pontecesures: PERDIMOS.

ADB Fontiñas-Cluny, da 6ª xornada, o mércores 23, as 19:15 horas.

ADB Fontiñas-Obradoiro da 4ª xornada, o 25 de maio, venres, as 19 horas.

Infantil A:
           
            ADB Fontiñas-Culleredo, da 6ª xornada, o 26 de maio, as 18 horas, en Fontiñas.

            Estudiantes de Lugo-ADB Fontiñas: da 5ª xornada, o 20 de maio, domingo, as 6 da tarde no pavillón  Anexo 2, detrás do pavillón do Breogán, en Lugo: GAÑAMOS, DESPOIS DUN PARTIDO MOI TRABALLADO, ONDE TIVEMOS QUE EMPLEARNOS ATA O FINAL QUE SE RESOLVEU SATISFACTORIAMENTE. ÁNIMO QUE SÓ NOS QUEDA UN PARTIDO (CULLEREDO) PARA SER CAMPEÓNS DESTA FASE, INVATIDOS.
                    
                               

lunes, 7 de mayo de 2012

XORNADA DO 12 E 13 DE MAIO DO 2012

HORARIOS PROVISIONAIS:

3ª DIVISIÓN: AS PONTES-ADB FONTIÑAS: O SÁBADO 12, AS 20 HORAS EN AS PONTES.

CADETE MASCULINO: CLUNY-ADB FONTIÑAS: SÁBADO 12, AS 4 DA TARDE EN CLUNY.

INFANTIL A: CULLEREDO-ADB FONTIÑAS: SÁBADO AS 12 EN CULLEREDO.

PARTIDO AMISTOSO DO INFANTIL B: O DOMINGO 13, AS 10 DA MAÑAN EN MONTOUTO. HABERÁ UN PARTIDO DE VOLTA, POR DETERMINAR.

MINI MIXTO: NON XOGAN.

PREMINI MIXTO: SAN PELAIO-ADB FONTIÑAS: SÁBADO, 12 AS 12:30 NO RESTOLLAL.

martes, 1 de mayo de 2012

XORNADA DO 5 E 6 DE MAIO DO 2012:


HORARIOS PROVISIONAIS:

3ª DIVISIÓN: DESCANSAMOS.
CADETE MASCULINO: ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-PONTECESURES: APRAZADO O 11 DE ABRIL, VENRES, AS 19:30 HORAS, EN FONTIÑAS.
INFANTIL A: ADB FONTIÑAS- ESTUDIANTES DE LUGO: SÁBADO 5 DE MAIO, AS 18 HORAS EN FONTIÑAS. GAÑAMOS 71-50.
MIni Mixto: LA SALLE-ADB FONTIÑAS: EN RESTOLLAL, O SÁBADO 5, AS 12:30 H: GAÑAMOS.
PREMINI : NON XOGAN.

jueves, 26 de abril de 2012

Adestramentos do mércores 2 de Maio

As 4 da tarde, do mércores 2 de maio, xogarán un partido amistoso, entre os Infantís B e as Cadetes.
O adestramento do Infantil A, será igual as 5:30 horas, a toda a cancha.

lunes, 23 de abril de 2012

XORNADA DO 28/29 DE ABRIL DO 2012

HORARIOS PROVISIONAIS:

3ª DIVISIÓN: DUBRA-ADB FONTIÑAS: SÁBADO, 28, AS 4 NO MUNICIPAL DE BEMBIBRE: PERDIMOS DE 9.

CADETE MASCULINO:OBRADOIRO-ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA: SABADO, 28, AS 10 EN PONTEPEDRIÑA: PERDIMOS.

INFANTIL A: SOMOS 3 EQUIPOS: DESCANSAMOS ESTA SEMANA. PARTICIPAN: CULLEREDO DE CORUÑA, NÓS E ESTUDIANTES DE LUGO. XOGAREMOS UNHA LIGA A DOBRE VOLTA, CLASIFICANDO COS 3 DO OUTRO GRUPO, SEGÚN PARTIDOS GAÑADOS, DO POSTO 33º ó 40º (DE 83 EQUIPOS EN TODA GALICIA). NA LIGA, QUEDAMOS DE 5º, EMPATADOS CO 3º E 4º, DE 12 QUE ERAMOS.

MINI: o Sábado, 28, ADB Fontiñas-La Salle: en Restollal as 11:15 h: GAÑAMOS 73-62.

PREMINI: o Sábado, 28, as 11:15 h. en Lorenzo de la Torre: PERDIMOS 20-15, PERO XOGANDO MOI BEN. ERAMOS POUCOS........

TEMOS OS NOVOS CALENDARIOS NA PAXINA DA FGB.

martes, 17 de abril de 2012

Cambio no reglamento de MiniBasket.

Na páxina da Federación Galega de Baloncesto, ven un borrador de novo reglamento Mini. Mirádeo e valoralo:

"Consulta aos clubs:

Proxecto de Modificación para o Regulamento das Competicións en Minibasket 16/04/2012

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto comunica a súa intención de someter a estudio e modificación, co obxectivo fundamental de adaptarse á normativa que aplica a FEB nas competicións... [+]"

lunes, 16 de abril de 2012

XORNADA DO 21 E 22 DE ABRIL DO 2012

HORARIOS PROVISIONAIS:

3ª DIVISIÓN: FASE PERMANENCIA: AS PONTES-ADB FONTIÑAS (NO 1º PARTIDO, ENTRE AS PONTES E DUBRA, PERDEU AS PONTES DE 16...........): APRAZADO O 17 DE MAIO AS 19 HORAS EN FONTIÑAS.

CADETE MASCULINO: FEDESA C-ADB FONTIÑAS: AS 10 DA MAÑÁN DO SÁBADO 21, EN ROSALÍA: GAÑAMOS DE 10.
CADETE FEMININO: REUNIÓN O 23.
INFANTIL A: FEDESA B-ADB FONTIÑAS: AS 10 DA MAÑÁN DO DOMINGO,22, EN ROSALÍA: PERDIMOS DE 4.
INFANTIL B: LA SALLE-ADB FONTIÑAS: AS 10 DA MAÑAN DO SÁBADO,21, EN LA SALLE: PERDIMOS.
MINI MIXTO: REUNIÓN O 18 PARA A SEGUINTE FASE: ROSALÍA-ADB FONTIÑAS, AS 10:30 EN MONTE DOS POSTES: A pesar de que perdimos o partido contra Rosalia 55-44 xogamos o mellor partido da tempada. Todos os sextos os gañamos ou empatamos menos o 5º onde nos meteron un parcial de 22-5. Faltaron dous pilares fundamentais do equipo caendo case toda a responsabilidade en Martín e Manuel que anotou (o equipo que ten dous xogadores na Selección Galega) 26 puntos.
Finaliza unha excelente tempada “regular” quedando de 4º entre 19 equipos e de 1º entre os minis mixtos; e o mais importante tanto xogadores como pais moi contentos.

Comentamos o que se acordou na “reunión” do día 18 á que só fun eu:

Dos seis equipos que quedan en liza (a excepción de Peleteiro e PioXII) xogamos os tres primeiros entre nós (Rosalia, Fontiñas e La Salle), polo tanto as datas previsibles dos encontros son o día 28 de abril, 5 e 12 de mayo, nunha delas descansaremos.

PREMINI MIXTO: PENDENTE DE CALENDARIO DA SEGUINTE FASE: ADB FONTIÑAS-AMES: AS 13 HORAS EN LORENZO DE LA TORRE: PERDIMOS.