martes, 28 de agosto de 2012

COMENZAMOS A TEMPADA 2012-2013

O vindeiro mércores, 5 de Setembro, comezaremos os adestramentos da ADB Fontiñas. Será no mesmo horario que o ano pasado: nenas de Infantil, Cadete e Junior, as 4 da tarde en Fontiñas, ata as 5:30 h. Os Infantis de 1º e 2º ano, as 5:30 h. ata as 7 da tarde. Os cadetes de 1º e 2º ano, as 7 da tarde, ata as 9. Os Junior e Senior, de 9 a 11 horas. Teremos, en principio, os mércores e os venres, pero como podemos ser 10 equipos este ano, temos solicitado un día máis: xá veremos o que nos dán..........Teremos que ser tod@s puntuais, tanto para comezar como para rematar os adestramentos.
Tedes TOD@S que traer duas fotos e a fotocopia do DNI (tamén os adestradores).
Teremos alumn@s novos. Si controlades a alguén que quera participar, que veña o mércores (si poden).
Os de Mini e Premini, penso que poderemos tamén empezar esa semán 1ª de setembro, pero teño que falar co Director de Primaria (están de vacacións).
As informacións iremolas colgando no blog (espero que este ano, participedes máis que o ano pasado, porque ísto parece máis un monólogo que un blog). Apuntade o que consideredes, sempre con respeto e educación. Colgade as fotos, videos, etc. que consideredes de interese para a Agrupación, que o voso blog sexa de uso diario, o que fará deste foro o máis dinámico de Santiago e comarca.