domingo, 29 de marzo de 2009

XORNADA DO 4 E 5 DE ABRIL

SENIOR MASCULINO: NON XOGAN ATA A VOLTA DE VACACIÓNS.
CADETE MASCULINO: CONTRA NOIA: NON XOGAN ATA A VOLTA DE VACACCIÓNS.
INFANTIL MASCULINO: NON XOGAN ATA A VOLTA DE VACACIÓNS.
MINI MIXTO: NON XOGAN ATA A VOLTA DE VACACIÓNS.
PREMINI MASCULINO: NON XOGAN ATA A VOLTA DE VACACIÓNS.

DESCANSAREMOS DOS ENTRENAMENTOS DE BALONCESTO EN VACACIÓNS, PARA COMENZAR O ÚLTIMO TRIMESTRE A TOPE!!!!!!!!!!!!!!!!

lunes, 23 de marzo de 2009

XORNADA DO 28 E 29 DE MARZO DO 2009

SENIOR MASCULINO: APRAZADO.
CADETE MASCULINO: XOVES, 26 DE MARZO AS 17:30 H. EN MONTOUTO, CONTRA PELETEIRO: PERDIMOS DE 18.
CADETE MASCULINO: SÁBADO, 28 DE MARZO, AS 12 EN ANTÓN FRAGUAS: PERDIMOS.
INFANTIL FEMININO: ACABARON: CAMPEONAS DO GRUPO B DA COPA DE SANTIAGO.
INFANTIL MASCULINO: CONTRA CLUNY, O SÁBADO AS 10:30 EN ANTÓN FRAGUAS: PERDIMOS.
MINI MIXTO: PÍO XII MIXTO-ADB FONTIÑAS: SÁBADO 28 AS 9:30 H. EN VITE: GAÑAMOS.
PREMINI MASCULINO: NON XOGAN.

lunes, 16 de marzo de 2009

XORNADA DO 21 E 22 DE MARZO DO 2009

SENIOR MASCULINO: CONTRA CONXO: APRAZADO.
CADETE MASCULINO: POBRA-ADB FONTIÑAS: DÍA 22 AS 17 H. EN POBRA (MUNICIPAL): GAÑAMOS 32-53.
CADETE MASCULINO: XOGARÁN TAMÉN O 28 E 29 DE MARZO, ASÍ COMO O 2 DE ABRIL, CO CAL TERMINAN A COMPETICIÓN. XÁ O AVISAREMOS.
INFANTIL MASCULINO: DESCANSAN.
INFANTIL FEMININO: TERMINARON INVATIDAS. PRIMEIRAS DO GRUPO B DA COPA DE SANTIAGO E TEÑEN UNHA COPA.
MINI MIXTO: DESCANSAN.
PREMINI MASCULINO: descansan.

Enhoraboa



Ao equipo infantil feminino: Bea, Ada, Aldara, Leti, Mariña, Clara, Antia, Marina, Bea Sandra e Paula.

Disputaron o pasado sábado un partido decisivo contra Peleteiro e gañaron a copa de Santiago. O certo e que o partido foi intenso e o resultado non deixa lugar a dúbidas.


O partido foi intenso. O inicio foi igualado, cun parcial de 0-6 para elas de saída, contrarrestado enseguida 6-6.

Fontiñas estivo supercentrado en defensa, dominando totalmente no rebote, o que nos permitiu case sempre segundas opcións de tiro.

O ritmo foi intenso e moitos puntos foron en contraataque. Ao descanso xa dominábamos no marcador de 13 puntos (32-19).


Ao final os 23 puntos de diferencia.

Destacaron Aldara (26 puntos) e Ada (28 puntos) todas deixaron a sensación dun bo traballo de equipo.

Felicitacións para Jorge, o entrenador, polo traballo destes dous anos.



¡Que siga a racha! ENHORABOA

viernes, 13 de marzo de 2009

Os preminis

Cubrindo todo o espacio

O equipo de premini afrontou o ano cunha renovación importante, xa que ascenderon de categoría moitos xogadores fundamentais no esquema da pasada tempada.

Así que o novo grupo está en fase, como é lóxico, de consolidación, e teñen todo este ano e o que ven para mellorar, pois a maioría son de primeiro ano.

Leo traballando en defensa

Os resultados foron irregulares, e mesmo os partidos, pero a progresión é evidente.

Martin dirixindo o equipo. ¿Chegará o balón ao pivot?


Velos xogar e todo un espectáculo

Nótase a man de Martín, o entrenador (gracias polo esforzo)

En fin, ahí está o futuro, unha aposta segura. Seguiremos informando...

jueves, 12 de marzo de 2009

NOVA ALUMNA DE ADB FONTIÑAS NUNHA SELECCIÓN

IRIS, MINI DO EQUIPO DE ADRIÁN, VEN DE SER PRESELECCIONADA PARA O EQUIPO DE SANTIAGO. ENHORABOA.
FELICITAR A ADA E A ALDARA, DO EQUIPO INFANTIL, QUE ESTIVERON (E CON GRANDE EXITO), NA PRESELECCIÓN.
MANTENDO A INTENSIDADE DOS ADESTRAMENTOS DESTAS COMPAÑEIRAS, OUTR@S ALUMN@S PODRÁ ACADAR, TAMÉN, PORDER IR A SELECCIÓN DE SANTIAGO.
ANHORABOA A TOD@S E ADIANTE.

lunes, 9 de marzo de 2009

XORNADA DO 14 E 15 DE MARZO DO 2009

SENIOR: CONTRA HOTEL TAMARA O MERCORES 11, AS 21:30 EN VITE: GAÑAMOS 55-35.
SENIOR: VENRES 13, AS 21 HORAS EN VITE CONTRA BONAVAL: GAÑAMOS 46-54.
SENIOR: CONTRA AMES: DOMINGO AS 12:30 H. EN VITE: PERDIMOS 48-52.
CADETE MACULINO: NON XOGARON.
INFANTIL MASCULINO:LA SALLE-ADB FONTIÑAS: SÁBADO, AS 12:30 H. NA SALLE: PERDIMOS.
INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS-LA SALLE PROYDE: SÁBADO AS 12 EN ANTÓN FRAGUAS: GAÑAMOS 77-55: TERMINARON DE PRIMEIRAS, INVATIDAS. NORABOA.
MINI MIXTO: ADB FONTIÑAS-INMACULADA MIXTO: AS 10:45 EN VITE: GAÑAMOS 67-20.
PREMINI MASCULINO: AS 12:15 H. EN VITE: PERDIMOS 50-37.

jueves, 5 de marzo de 2009

CONVOCATORIA ALUMN@S ADB FONTIÑAS AS SELECCIÓNS DE SANTIAGO

AS ALUMNAS DO EQUIPO INFANTIL FEMININO, ADA E ALDARA, FORON CONVOCADAS PARA PARTICIPAR NA PRESELECCIÓN DE SANTIAGO. ADA NA CATEGORÍA INFANTIL E ALDARA NA CATEGORÍA MINI. ENHORABOA A AMBAS E QUE SIGAN O SEU PROCESO DE MELLORA, AGORA CA SELECCIÓN DE SANTIAGO. SORTE E ADIANTE.

lunes, 2 de marzo de 2009

O equipo infantil feminino está a ter unha racha de xogo e resultados espectacular.

Na competición levan tódolos partidos gañados e poden conseguir o triunfo final.

Gañaron a equipos como Inmaculada (de 9 puntos), Cluny (de tres puntos) e na última semana desfixéronse de Peleteiro, tamén de tres puntos, cun 4º cuarto espectacular.

Ada con 18 puntos no último partido, Bea de base, Aldara e todas en xeral teñen en este momento un gran nivel, e aspiran a todo.

Sería a sorpresa da tempada, pero a estas alturas e co xogo que desplegan, estamos convencidos das súas posibilidades.

Ánimo!!! TODOS CON ELAS NO PARTIDO DECISIVO!!!

XORNADA DO 7 E 8 DE MARZO DO 2009

SENIOR: CONTRA HOTEL TAMARA O MERCORES 11, AS 21:30 EN VITE, E O VENRES 13, AS 21 HORAS EN VITE CONTRA BONAVAL.
CADETE MASCULINO: PELETEIRO-ADB FONTIÑAS: APRAZADO.
INFANTIL FEMININO: DESCANSA.
INFANTIL MASCULINO: ADB FONTIÑAS-MINERVA: SÁBADO AS 12 EN ANTÓN FRAGUAS: GAÑAMOS 41-37.
MINI MIXTO: NON XOGAN.
PREMINI MASCULINO:NON XOGAN.