martes, 27 de septiembre de 2011

TEMOS CASI 25.000 ENTRADAS NO BLOG

A día de hoxe e comenzando unha nova tempada, temos cerca de 25.000 entradas no Blog. Noraboa a tod@s, pero acordádevos que o Blog "É DE TO@S". Si participades nél, será máis divertido e instructivo para a Agrupación e quen nos lea. Temos que conseguir 50.000 entradas esta tempada, polo tanto, non vos limitedes a ler o que escriben outr@s, participade como si fora voso (porque é voso). Un saúdo e esperámosvos no Blog..........

PARTIDO CADETE MASCULINO DO 29 DE SETEMBRO

O equipo cadete masculino, que adestra Dani, despois da brillante victoria frente o Fedesa D, xoga o vindeiro sábado, día 29 de setembro) as 10 de mañan, no pavillón de Fontiñas (PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL NESTA CANCHA), contra Boiro. Acudide a animar os vosos compañeiros e darlles ánimos para conseguir un novo triunfo.

domingo, 25 de septiembre de 2011

GAÑAN OS CADETES

Comenzamos a tempada, e o primeiro equipo en liza foi o cadete masculino. O equipo de Dani, gañou o sábado a Fedesa D ( en Rosalía), por 72 a 66, nun partido vibrante e de poder a poder. Noraboa e que sigan os exitos.

lunes, 19 de septiembre de 2011

COMENZAN A TEMPADA OS CADETES MASCULINOS

O equipo Cadete Masculino, que adestra Dani, comenzan este fin de semana (24-25) a competición. Será no campo do Rosalía o sábado as 4 (pendente de confirmar), contra Fedesa D.
Animo chicos.

viernes, 16 de septiembre de 2011

ADESTRAMENTOS DA SEMANA DO 19 O 25 DE SETEMBRO

Confirmamos que os adestramentos desta semana, serán como os da semana anterior. Dende as 4 as 11 da noite en Fontiñas.
O equipo senior, xogará un partido amistoso o venres as 21 horas en Fontiñas.

jueves, 15 de septiembre de 2011

EQUIPO SENIOR

O día 9 de outubro, comenza a competición. Somos 10 equipos na categoría. Xogarase a dobre volta e non teremos concentración de partidos, como o ano anterior. Chamámonos terceira división (por debaixo está a cuarta). Ánimo e adiante.

lunes, 12 de septiembre de 2011

CONFIRMACIÓN HORARIOS E DOCUMENTACIÓN

Despois de falar con Deportes, do Concello, confírmanse os horarios desta semana do 14 e 16 de setembro: Cadete Feminino, as 4, Infantís as 5 e media, Cadete Masculino, as 7 da tarde e os Senior de 9 a 11 da noite. Todolos adestramentos en Fontiñas. A vindeira semán, xá falaremos........Recordamos que todol@s alumn@s, deben traer 2 fotos tamaño carnet orixinais, fotocopia do DNI e a folla de domiciliación cuberta e firmada.

martes, 6 de septiembre de 2011

REUNIÓN DA ADB FONTIÑAS CO CONCELLAL DE DEPORTES DE SANTIAGO

Hoxe, 6 de setembro, Mónica, Adrian Dios e Jose Dios, estivemos reunidos co novo concellal de deportes do concello de Santiago. A reunión, moi cordial, sirveu para plantexarlle as inquietudes da Agrupción, con respecto os lugares de adestramento (pavillón de Fontiñas) e as necesidades de horarios dos 7 equipos da Agrupación. Consideramos que a reunión foi moi productiva e que se conseguirán as necesidades d@s alumn@s.

Noutro orden de cousas, nesta semán pasarase a información @s alumn@s, para a domiciliación da conta, para pagar a cuota da Agrupación, así como a ficha de xogador/a, que debe vir firmada polo/a pai/nai e polo/a xogador/a. Recordamos que tod@s debedes traer 2 fotos orixinais tamaño carnet e a fotocopia do DNI.

lunes, 5 de septiembre de 2011

COMENZA O EQUIPO CADETE FEMININO

O vindeiro mércores día 7 e o venres día 9 de setembro, comenzan os adestramentos as cadetes. Será as 4 da tarde, ata as 5 e media, no pavillón de Fontiñas. Poódense incorporar todalas xogadoras que consideredes, pois temos fichas suficientes. Ánimo e adiante.

jueves, 1 de septiembre de 2011

COMEZAN OS/AS MINIS

O vindeiro martes, día 6 de setembro, as 4 da tarde e ata as 5 e media, no pavillón de primaria de Fontiñas, comenzamos os adestramentos de mini e de premini. Serán os martes, mércores e venres, como o ano pasado. Nenos e nenas, nacidos despois de ano 2003, poden acudir o adestramento. Si coñecedes a algún ou algunha, que teña esas idades, avisáde@s e que veñan a adestrar con nós. Animádevos e un saúdo da Directiva da ADB Fontiñas.