lunes, 28 de octubre de 2013

PARTIDOS PROVISIONAIS DO 9 E 10 DE NOVEMBRO DO 2013

SENIOR 4ª DIVISIÓN: CHURRASQUERÍA ORLY-ADB FONTIÑAS SERLUDE:Sábado 9, de novembro as 20 horas, en A Estrada: PERDIMOS. JUNIOR MASCULINO: RIVEIRA-ADB FONTIÑAS LIBRARÍA FONSECA:Sábado 9, as 12 h. en Riveira: GAÑAMOS 53-56. CADETE: PELETEIRO C-ADB FONTIÑAS CASA PEPE:Sábado, 9, as 10 horas en Montouto: PERDIMOS 53-41. CADETE: ADB FONTIÑAS ALCAMPO-PELETEIRO B:Sábado,l 9, as 16 horas en Fontiñas: PERDIMOS. INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS DELTIFLOR-PELETEIRO B:Sábado 9, as 18 horas en Fontiña: PERDIMOS 23-64. INFANTIL MASCULINO: PELETEIRO C-ADB FONTIÑAS:Sábado as 12 horas en Montouto: GAÑAMOS 36-75: Parabéns o equipo de Moncho. Ánimo a tod@s e seguimos adiante.

Non xogamos no fin de semán do 2 e 3 de novembro do 2013.

Non xogamos no fin de semán do 2 e 3 de novembro do 2013.

martes, 22 de octubre de 2013

Decisión da concellería de deportes de Adrián Varela

A continuación reproducimos o correo enviado dende a Concellería que dirixe Adrián Varela:

"Bos días, seguindo as ordes do concelleiro de deportes, comunicámoslle os horarios definitivos para a tempada 2013-14 que serán os seguintes:
Martes: de 22 a 23 horas Pavillón de Fontiñas.
Mércores: de 16 a 23 horas Pavillón de Fontiñas.
Xoves: de 22 a 23 horas Pavillón de Fontiñas.
Venres: de 16 a 21 horas Pavillón de Fontiñas.
              de 20 a 23 horas Pavillón de Monte dos Postes.

Con respecto as horas que vostede nos indicou hai un cambio: os xoves, que se manten de 22,00 a 23,00 h
Por outra banda, este venres 25, xa poden comezar ás 20,00 h en Monte dos Postes. Na vindeira semana poderán pasar polo departamento de deportes a recoller a carta asinada polo concelleiro coa concesión definitiva e as normas de funcionamento das instalacións municipais. Sen outro particular, reciba un cordial saúdo".

Esta é a concensión da Concellería de Deportes. Temos que adaptarnos esta temporada. O vindeiro curso, xa veremos.

lunes, 21 de octubre de 2013

Partidos provisionais do 26 e 27 de outubro do 2013

Senior 4ª División: ADB Fontiñas SERLUDE-La Salle Bonaval: Sábado, 26 de outubro, as 20 h. en Fontiñas: Gañamos de 2.
Junior Masculino: ADB Fontiñas Libraría Fonseca-Rosalía: Sábado, 26 de outubro, as 16 h. en Fontiñas: gañamos de 5 despois de 1 prórroga....
Cadeta ADB Fontiñas Alcampo: Descansa.
Cadete ADB Fontiñas Casa Pepe-Peleteiro B: Sábado, 26 de outubro, as 18 h. en Fontiñas: Perdimos. Infantil Feminino: Enseñanza-ADB Fontiñas Celtiflor.Ca:Sábado, 26 de outubro, as 12 h. en Cía de María: Gañamos.
Infantil masculino: ADB Fontiñas-Cía de María: OLLO: xogarase en Cía de María, por problemas de cancha: Sábado, 26 de outubro, as 10 horas en Cía de María: Perdimos 66-58.

martes, 15 de octubre de 2013

Entrega da documentación para facer o pago das cotas

Recórdase a todol@s alumn@s da ADB Fontiñas, que teñen que entregar a documentación para poder facer as remesas o banco, e así, pagar as cotas correspondentes a cada mes. Temos que facer os pagos de comenzo de tempada e é necesario pasar as remesas, polo que é imprescindible a documentación. Recordamos @s adestrador@s, que soliciten @s seus alumn@s, a documentación e entregarlla a Montse, a tesoureira. Grazas a tod@s.

lunes, 14 de octubre de 2013

Partidos do 19 e 20 de outubro do 2013:

Partidos provisionais do 19 e 20 de outubro do 2013: Senior 4ª División: Arzua-ADB Fontiñas:Domingo, 20 de outubro, as 19 h. en Arzua: GAÑAMOS DE 30 NUN PARTIDAZO DE TODO O EQUIPO. PARABÉNS A FERNANDO E COMPAÑIA. Junior Masculino: Cluny-ADB Fontiñas Librería Fonseca: Sábado, 19, as 18 horas, en Cluny: GAÑAMOS CON MOITA AUTORIDADE (NO 2º TEMPO).... Cadete: Noia- ADB Fontiñas Alcampo:Domingo, 20 de outubro, as 12:00 en Noia: GAÑAMOS. PARTIDAZO. Cadete: ADB Fontiñas Casa Pepe-Cluny: Domingo, 20, as 12:00 h. en Fontiñas: PERDIMOS. SERÁ PARA OUTRA........ A reunión para a confección de calendarios dos Infantís, será o martes, 15, as 19 horas na Delegación.

Recordatorio de que temos que facer soci@s.

A Xunta Directiva da ADB Fontiñas, recorda a todol@s compoñentes da Agrupación, que debemos facer o maior nº de soci@s. Recordade que son 20 euros o ano, e que a necesidade de financiación do clube, é moita. Animádevos e axudar a ADB Fontiñas, para que poda seguir sendo o único equipo de barrio de baloncesto, que se codea ca élite do baloncesto en Compostela e comarca.

viernes, 11 de octubre de 2013

Contido da reunión co Concellal de Deportes

Membros da Xunta Directiva de ADB fonttiñas, reunímonos onte co concellal Adrián Varela. Aparte da reunión protocolaria de presentación da nova Xunta directiva, falamos de temas moi importantes para a Agrupación: horarios de pavillón, marcador inútil do pavillón, cinta na 1ª fila de asientos do pavillón, uso de auga no campo durante un partido, etc.... Ata o luns non podemos informar do horario definitivo de uso do pavillón, pero xá anunciamos que será positivo para todolos equipos. Vémonos o sábado en Fontiñas, para animar os equipos que xogan en casa. Tamén, por suposto, veremos o partido do equipo que xoga o domingo as 19 h. en Rosalía. Animádevos e participade animando a ADB Fontiñas.

miércoles, 9 de octubre de 2013

Reunión co concellal de deportes de Compostela

O vindeiro xoves, día 10 de Outubro, as 18 horas, unha delegación da Xunta Directiva da ADB Fontiñas, reunirase co concellal de deportes Adrián Varela. Faremos a presentación da nova Xunta Directiva e falaremos dos problemas que temos no uso do pavillón do barrio, así como outras cuestións de interese para a Agrupación.

lunes, 7 de octubre de 2013

Retirada do Equipo Junior Feminino

No día de hoxe, comunicóuse a Delegación a retirada do equipo Junior Feminino da ADB Fontiñas. As xogadoras que queran, poden seguir adestrando de 16 a 17:30 horas, no pavillón de Fontiñas, os mércores e os venres.

Partidos provisionais correspondentes os días 12 e 13 de outubro do 2013

Debido a cambio na Delegación dos calendarios, quedaría así (si non os volven a modificar): Senior 4ª División: ADB Fontiñas-Cadesa: Sábado, 12 as 20 horas en Fontiñas: PERDIMOS 50-51 nun partido dos que fan afición. Magoa. Seguiremos animando o equipo. Junior Masculino: (APRAZADO O 26 DE NOVEMBRO) ADB Fontiñas Librería Fonseca-Obradoiro: Sábado, 12 as 16 horas en Fontiñas. Cadete Alcampo: ADB Fontiñas Alcampo-Riveira:Sábado as 18 h. en Fontiñas: GAÑAMOS 83-53 NUN BRILLANTE PARTIDO DE TODOLOS COMPOÑENTES DO EQUIPO. Cadete Casa Pepe: Rosalía-ADB Fontiñas Casa Pepe: Domingo, as 17 h. en Rosalía: PERDIMOS. Os cambios son debidos a que aparece Riveira, que non estaba (en Cadetes) e cambian a Clyny de grupo....... Un saúdo.

miércoles, 2 de octubre de 2013

ACTA DA ASAMBLEA ORDINARIA DA ADB FONTIÑAS



En Santiago de Compostela, ás 20.30 h. do xoves 26 de setembro, reúnese no pavillón de Fontiñas a    Asamblea Ordinaria  da ADB Fontiñas coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior
2.- Informe da xunta directiva
3.- Socios
4.- Asuntos varios 
ACORDOS:
 1.- Apróbase a acta anterior por:
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1 
2.- O presidente informa de varios temas sobre os que leva traballando a xunta directiva:  equipamentos, problemas cos horarios de adestramento pola imposibilidade de usar o pavillón, patrocinadores conseguidos para os equipos, etc. Seguidamente procédese a votación na que a asamblea deberá refrendar os cargos da nova xunta directiva para así darlle validez, co seguinte resultado: 
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1 
3.- A asamblea  aproba por unanimidade a necesidade de constituírnos en socios con : 
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 0 
Seguidamente explícase o tema dos socios e como vai ser o seu funcionamento. Que queda como sigue:
Por acordo unánime, a Asemblea da ADB Fontiñas decidiu crear a figura de socio da agrupación. O obxectivo é poder financiarnos sen ter que incrementar as cotas que paga cada persoa.
Por isto, unha persoa que se faga socio, terá que pagar 20€, e pagará un prezo da actividade de baloncesto de 200€ (en lugar de 220 e.). Polo tanto, o prezo total da actividade non cambia.
Neste sentido, facemos un chamamento ao conxunto de persoas que formamos parte da ADB Fontiñas, a buscar xente que poida estar interesada en fomentar o deporte de base no noso barrio, por un prezo moi reducido (20€/ano supoñen menos de 2€ ao mes), e así evitar sobrecargar os custes para as familias que neste momento pagamos a actividade.
Se a campaña de socios sae adiante, a Agrupación non terá problema para manter os equipos cos que conta actualmente, e poder seguir ofrecendo un servizo deportivo tan útil para os nenos e nenas que forman parte del. 
Outros acordos:
-De renunciar a facerse socio, en lugar de pagar 220€ (200€ + 20€), o prezo total sube até 250€.
-Se unha mesma familia ten varias persoas na Agrupación, a partir do 2º xogador/a pagaría só 170€.
-Só a condición de socio outorga a capacidade de voto nas Asembleas.
-No caso de ser un socio menor de idade, terase dereito a voz, pero non a voto, até cumprir os 18 anos.

Sendo as 21.45 h. o presidente levanta a sesión sen máis asuntos que tratar.

O presidente                                                                          A secretaria

Partido amigable do Senior de 4ª División

O vindeiro venres, dia 4 de outubro, as 21:15 horas, partido amigable contra Cadesa, do equipo de 4ª División Senior Masculino.