lunes, 27 de septiembre de 2010

O BLOG É DE TOD@S

Ola a tod@s. Quería comentar que da mesma forma que eu escribo no blog, as novas que se van producindo, tí podes tamén escribir o que consideras que deban saber as persoas que nos visitan. Non queremos, dende a ADB Fontiñas, que sexa un monográfico de noticias dende a Agrupación. Debes participar, contar as túas impresións, os teus adestramentos, as túas inquietudes, falar dos rivais na liga, dos amistosos que facedes, etc. etc.
Insito, o blog é de tod@s, e participando tod@s o faremos máis dinámico e intelixente.........que cobre vida, que se vexa activo e participativo.
Espero pronto as vosas entradas, sempre con educación, respeto e boa sintonía.
Unha aperta.

jueves, 23 de septiembre de 2010

BOAS NOTICIAS

Despois das dificultades iniciais, pola non utilización do Instituto Antón Fraguas, na reunión co Concellal de Deportes, conseguimos varias cousas:
-- A utilización de Monte dos Postes, para os equipos Infantís e Cadetes, dentro de 15 días, que rematan as obras. Deixaremos Lamas de Abade, en 2 semanas (dous venres).
-- Con respecto o Pavillón Novo de Fontiñas, estará rematado para o seu uso, en Nadal, así, que debemos esperar 3 meses para poder utilizalo....... En principio, non está preparado para Minis!!!!!!!! incrible, pero así é, ten "Rocódromo", pero non adaptado para os nenos e nenas de Minis e Preminis do barrio onde está o pavillón.
-- Poder manter o pavillón de Primaria de Fontiñas, para os Minis e Preminis.
-- Dannos as facilidades para xogar en Monte dos Postes os partidos de Infantís e Cadetes.

Consideramos que son moi boas noticias, para poder seguir desenrolando o basket no noso barrio.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

NOVA XUNTANZA CO CONCELLAL

Chamaron de Deportes, que nos vemos mañán xoves,23, as 18 horas no Concello.

lunes, 20 de septiembre de 2010

SUSPENDIDA XUNTANZA CO CONCELLAL DE DEPORTES

Tiñamos a reunión, hoxe luns,día 20 de setembro, e suspenderona por problemas de axenda do Concellal. Chamarannos para unha nova cita........

sábado, 18 de septiembre de 2010

ENTREVISTA CO CONCELLAL DE DEPORTES, SR. BERNARDINO RAÑA

O vindeiro luns, día 20 de setembro, as 18 horas e no Concello de Santiago, a ADB Fontiñas, ca súa Presidenta a cabeza, teremos unha reunión co Sr. Bernardino Raña, Concellal de Deportes do Concello de Santiago. O motivo da mesma, é falar sobre a utilización do Pavillón de Fontiñas "próximo a inaugurar". Tamén falaremos da problemática que temos co non uso do pavillón do Instituto Antón Fraguas, e as dificultdes de ubicación dos equipos Infantís e Cadetes.

CAMBIOS NOS ADESTRAMENTOS

Debido as obras que se van a realizar no Instituto Anton Fraguas, os equipos Infantil, A e B, Cadete masculino e Cadete Feminino, cambiarán, de forma provisional, os seus adestramentos. Así, os días serán Mércores e Venrres. Os Infantís e os Cadetes Masculinos: os Mércores de 17:30 a 19 horas en Primaria de Fontiñas e os Venres, de 17:30 a 19 horas, en Lamas de Abade.
As Cadetes, os Mércores de 16 horas a 17:30 en Primaria de Fontiñas e os Venres de 16 a 17:30 en Lamas de Abade.
Estos cambios, prodúcense ata que teñamos o Pavillón de Fontiñas, previsto......para xá........

martes, 14 de septiembre de 2010

ORDEN DE DOMICILIACIÓN BANCARIA. Documentación.

Según o acordo tomado na última Asamblea da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas, pasarase unha Orden de Domiciliación, para que @s alumn@s da ADB Fontiñas, indiquen os seus dados, tanto persoais como do Banco/Caixa, onde facer os cargos das cotas da Agrupación. Poderá facerse nun prazo ou en dous, según se acordou na Asamblea. Si é nun prazo, serán 150 Euros antes do mes de Outubro do 2010, e si é en dous prazos, 75 Euros cada un, en Outubro do 2010, e en Febreiro do 2011.
Tamén se recorda @s Alumn@s, que deben entregar 2 fotografías tamaño carnet e a fotocopia do DNI o seu adestrador.
Grazas por toda a colaboración que podades prestar nestes temas.

sábado, 11 de septiembre de 2010

ENTREGA DE EQUIPAXES

Tódolos xogadores e xogadoras da ADB Fontiñas, que por unha ou outra razón, deixaran a Agrupación, por favor, que entreguen as equipaxes de xogo os seus adestradores, para que podan ser utilizados polos/las nov@s alumn@s. É algo de sentido común, pois pertecen os equipaxes a Agrupación. Si alguén coñece a outr@ alumn@ que deixou a Agrupación, que lle diga que devolva a equipación. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

lunes, 6 de septiembre de 2010

COMENZAN OS INFANTÍS E OS/AS CDETES

COMENZAREMOS O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 8, NAS INSTALACIÓNS DO INSTITUTO ANTON FRAGUAS. ALÍ VOS ESPERAREMOS.

viernes, 3 de septiembre de 2010

COMENZAN OS MINIS

O MARTES, DÍA 7 DE SETEMBRO, AS 4 DA TARDE, COMENZAREMOS OS ADESTRAMENTOS DOS/DAS MINIS. SERÁ NO PAVILLÓN DE PRIMARIA DE FONTIÑAS. TEREMOS OS MARTES, MERCORES E VENRES, DE 4 A 5:30 HORAS.