viernes, 1 de junio de 2012

CARNETS DE COLABORADOR/A CA ADB FONTIÑAS

Nos vindeiros días pasaremos, a través dos adestradores, 5 carnets a cada alumn@ da ADB Fontiñas cun prezo de 10 euros (máis a vontade que cada quen queira dar).
 Entregarase o valor recadado a cada adestrador. O carnet supón unha grande axuda á Xunta Directiva para poder rematar unha temporada, que se ben no deportivo foi  excelente, no económico non o foi tanto.
Temos de prazo até o día da festa da agrupación, o vindeiro 16 de xuño, co partido entre pais/nais/avós/avóas/e demáis familia contra o alumnado da Agrupación. Logo, reparto de regalos e merenda-cea. Grazas de antemán e esperamos vervos na asemblea do día 7 de Xuño, ás 20:00 no pavillón de Fontiñas, á que rogamos unha asistencia masiva debido á importancia dos temas a tratar.

No hay comentarios: