O equipo infantil masculino da
ADB Fontiñas iniciou a tempada este domingo cunha merecida vitoria ante Fedesa
(38-50). Por mor dos nervios iniciais do primeiro partido e o baixo resultado na
primeira parte con parciais de 3-10 e 13-10 o equipo reaccionou realizando un
gran esforzo no terceiro cuarto (9-21). No último período (13-9) e cunha
vantaxe de 25 puntos o equipo sufriu un baixón físico produto da participación de moitos dos
seus compoñentes na Carreira Pedestre esa mesma mañá o que levou a unha pequena
relaxación . A destacar a boa defensa de Martín Pérez e Victor Beiroa asi como
a intimidación e o poder reboteador de Pepe Lores.
Parabéns a TODOS, empezamos ben. A estudar e a adestrar duro.
O voso adestrador.
O voso adestrador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario