viernes, 11 de octubre de 2013

Contido da reunión co Concellal de Deportes

Membros da Xunta Directiva de ADB fonttiñas, reunímonos onte co concellal Adrián Varela. Aparte da reunión protocolaria de presentación da nova Xunta directiva, falamos de temas moi importantes para a Agrupación: horarios de pavillón, marcador inútil do pavillón, cinta na 1ª fila de asientos do pavillón, uso de auga no campo durante un partido, etc.... Ata o luns non podemos informar do horario definitivo de uso do pavillón, pero xá anunciamos que será positivo para todolos equipos. Vémonos o sábado en Fontiñas, para animar os equipos que xogan en casa. Tamén, por suposto, veremos o partido do equipo que xoga o domingo as 19 h. en Rosalía. Animádevos e participade animando a ADB Fontiñas.

miércoles, 9 de octubre de 2013

Reunión co concellal de deportes de Compostela

O vindeiro xoves, día 10 de Outubro, as 18 horas, unha delegación da Xunta Directiva da ADB Fontiñas, reunirase co concellal de deportes Adrián Varela. Faremos a presentación da nova Xunta Directiva e falaremos dos problemas que temos no uso do pavillón do barrio, así como outras cuestións de interese para a Agrupación.

lunes, 7 de octubre de 2013

Retirada do Equipo Junior Feminino

No día de hoxe, comunicóuse a Delegación a retirada do equipo Junior Feminino da ADB Fontiñas. As xogadoras que queran, poden seguir adestrando de 16 a 17:30 horas, no pavillón de Fontiñas, os mércores e os venres.

Partidos provisionais correspondentes os días 12 e 13 de outubro do 2013

Debido a cambio na Delegación dos calendarios, quedaría así (si non os volven a modificar): Senior 4ª División: ADB Fontiñas-Cadesa: Sábado, 12 as 20 horas en Fontiñas: PERDIMOS 50-51 nun partido dos que fan afición. Magoa. Seguiremos animando o equipo. Junior Masculino: (APRAZADO O 26 DE NOVEMBRO) ADB Fontiñas Librería Fonseca-Obradoiro: Sábado, 12 as 16 horas en Fontiñas. Cadete Alcampo: ADB Fontiñas Alcampo-Riveira:Sábado as 18 h. en Fontiñas: GAÑAMOS 83-53 NUN BRILLANTE PARTIDO DE TODOLOS COMPOÑENTES DO EQUIPO. Cadete Casa Pepe: Rosalía-ADB Fontiñas Casa Pepe: Domingo, as 17 h. en Rosalía: PERDIMOS. Os cambios son debidos a que aparece Riveira, que non estaba (en Cadetes) e cambian a Clyny de grupo....... Un saúdo.

miércoles, 2 de octubre de 2013

ACTA DA ASAMBLEA ORDINARIA DA ADB FONTIÑAS



En Santiago de Compostela, ás 20.30 h. do xoves 26 de setembro, reúnese no pavillón de Fontiñas a    Asamblea Ordinaria  da ADB Fontiñas coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior
2.- Informe da xunta directiva
3.- Socios
4.- Asuntos varios 
ACORDOS:
 1.- Apróbase a acta anterior por:
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1 
2.- O presidente informa de varios temas sobre os que leva traballando a xunta directiva:  equipamentos, problemas cos horarios de adestramento pola imposibilidade de usar o pavillón, patrocinadores conseguidos para os equipos, etc. Seguidamente procédese a votación na que a asamblea deberá refrendar os cargos da nova xunta directiva para así darlle validez, co seguinte resultado: 
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1 
3.- A asamblea  aproba por unanimidade a necesidade de constituírnos en socios con : 
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 0 
Seguidamente explícase o tema dos socios e como vai ser o seu funcionamento. Que queda como sigue:
Por acordo unánime, a Asemblea da ADB Fontiñas decidiu crear a figura de socio da agrupación. O obxectivo é poder financiarnos sen ter que incrementar as cotas que paga cada persoa.
Por isto, unha persoa que se faga socio, terá que pagar 20€, e pagará un prezo da actividade de baloncesto de 200€ (en lugar de 220 e.). Polo tanto, o prezo total da actividade non cambia.
Neste sentido, facemos un chamamento ao conxunto de persoas que formamos parte da ADB Fontiñas, a buscar xente que poida estar interesada en fomentar o deporte de base no noso barrio, por un prezo moi reducido (20€/ano supoñen menos de 2€ ao mes), e así evitar sobrecargar os custes para as familias que neste momento pagamos a actividade.
Se a campaña de socios sae adiante, a Agrupación non terá problema para manter os equipos cos que conta actualmente, e poder seguir ofrecendo un servizo deportivo tan útil para os nenos e nenas que forman parte del. 
Outros acordos:
-De renunciar a facerse socio, en lugar de pagar 220€ (200€ + 20€), o prezo total sube até 250€.
-Se unha mesma familia ten varias persoas na Agrupación, a partir do 2º xogador/a pagaría só 170€.
-Só a condición de socio outorga a capacidade de voto nas Asembleas.
-No caso de ser un socio menor de idade, terase dereito a voz, pero non a voto, até cumprir os 18 anos.

Sendo as 21.45 h. o presidente levanta a sesión sen máis asuntos que tratar.

O presidente                                                                          A secretaria

Partido amigable do Senior de 4ª División

O vindeiro venres, dia 4 de outubro, as 21:15 horas, partido amigable contra Cadesa, do equipo de 4ª División Senior Masculino.