En Santiago de Compostela, ás
20.30 h. do xoves 26 de setembro, reúnese no pavillón de Fontiñas a Asamblea
Ordinaria da ADB Fontiñas coa seguinte
orde do día:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior
2.- Informe da xunta directiva
3.- Socios
4.- Asuntos varios
ACORDOS:
1.- Apróbase a acta anterior
por:
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1
2.- O presidente informa de varios
temas sobre os que leva traballando a xunta directiva: equipamentos, problemas cos horarios de
adestramento pola imposibilidade de usar o pavillón, patrocinadores conseguidos
para os equipos, etc. Seguidamente procédese a votación na que a asamblea deberá
refrendar os cargos da nova xunta directiva para así darlle validez, co
seguinte resultado:
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1
3.- A asamblea aproba por unanimidade a necesidade de
constituírnos en socios con :
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 0
Seguidamente explícase o tema
dos socios e como vai ser o seu funcionamento. Que queda como sigue:
Por acordo unánime, a Asemblea da
ADB Fontiñas decidiu crear a figura de socio da agrupación. O obxectivo é poder
financiarnos sen ter
que incrementar as cotas que paga cada persoa.
Por isto, unha persoa que se faga socio,
terá que pagar 20€, e pagará un prezo da actividade de baloncesto de 200€ (en
lugar de 220 e.). Polo tanto, o prezo total da actividade non cambia.
Neste sentido, facemos un chamamento ao
conxunto de persoas que formamos parte da ADB Fontiñas, a buscar xente que
poida estar interesada en fomentar o deporte de base no noso barrio, por un
prezo moi reducido (20€/ano supoñen menos de 2€ ao mes), e así evitar
sobrecargar os custes para as familias que neste momento pagamos a actividade.
Se a campaña de socios sae adiante, a Agrupación
non terá problema para manter os equipos cos que conta actualmente, e poder
seguir ofrecendo un servizo deportivo tan útil para os nenos e nenas que forman
parte del.
Outros acordos:
-De renunciar a facerse socio, en lugar de
pagar 220€ (200€ + 20€), o prezo total sube até 250€.
-Se unha mesma familia ten varias persoas
na Agrupación, a partir do 2º xogador/a pagaría só 170€.
-Só a condición de socio outorga a
capacidade de voto nas Asembleas.
-No caso de ser un socio menor de idade,
terase dereito a voz, pero non a voto, até cumprir os 18 anos.
Sendo as 21.45 h. o presidente levanta a sesión sen máis
asuntos que tratar.
O presidente A
secretaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario