lunes, 7 de octubre de 2013

Retirada do Equipo Junior Feminino

No día de hoxe, comunicóuse a Delegación a retirada do equipo Junior Feminino da ADB Fontiñas. As xogadoras que queran, poden seguir adestrando de 16 a 17:30 horas, no pavillón de Fontiñas, os mércores e os venres.

Partidos provisionais correspondentes os días 12 e 13 de outubro do 2013

Debido a cambio na Delegación dos calendarios, quedaría así (si non os volven a modificar): Senior 4ª División: ADB Fontiñas-Cadesa: Sábado, 12 as 20 horas en Fontiñas: PERDIMOS 50-51 nun partido dos que fan afición. Magoa. Seguiremos animando o equipo. Junior Masculino: (APRAZADO O 26 DE NOVEMBRO) ADB Fontiñas Librería Fonseca-Obradoiro: Sábado, 12 as 16 horas en Fontiñas. Cadete Alcampo: ADB Fontiñas Alcampo-Riveira:Sábado as 18 h. en Fontiñas: GAÑAMOS 83-53 NUN BRILLANTE PARTIDO DE TODOLOS COMPOÑENTES DO EQUIPO. Cadete Casa Pepe: Rosalía-ADB Fontiñas Casa Pepe: Domingo, as 17 h. en Rosalía: PERDIMOS. Os cambios son debidos a que aparece Riveira, que non estaba (en Cadetes) e cambian a Clyny de grupo....... Un saúdo.

miércoles, 2 de octubre de 2013

ACTA DA ASAMBLEA ORDINARIA DA ADB FONTIÑAS



En Santiago de Compostela, ás 20.30 h. do xoves 26 de setembro, reúnese no pavillón de Fontiñas a    Asamblea Ordinaria  da ADB Fontiñas coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior
2.- Informe da xunta directiva
3.- Socios
4.- Asuntos varios 
ACORDOS:
 1.- Apróbase a acta anterior por:
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1 
2.- O presidente informa de varios temas sobre os que leva traballando a xunta directiva:  equipamentos, problemas cos horarios de adestramento pola imposibilidade de usar o pavillón, patrocinadores conseguidos para os equipos, etc. Seguidamente procédese a votación na que a asamblea deberá refrendar os cargos da nova xunta directiva para así darlle validez, co seguinte resultado: 
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 1 
3.- A asamblea  aproba por unanimidade a necesidade de constituírnos en socios con : 
votos a favor: 28
votos en contra: 0
abstencións: 0 
Seguidamente explícase o tema dos socios e como vai ser o seu funcionamento. Que queda como sigue:
Por acordo unánime, a Asemblea da ADB Fontiñas decidiu crear a figura de socio da agrupación. O obxectivo é poder financiarnos sen ter que incrementar as cotas que paga cada persoa.
Por isto, unha persoa que se faga socio, terá que pagar 20€, e pagará un prezo da actividade de baloncesto de 200€ (en lugar de 220 e.). Polo tanto, o prezo total da actividade non cambia.
Neste sentido, facemos un chamamento ao conxunto de persoas que formamos parte da ADB Fontiñas, a buscar xente que poida estar interesada en fomentar o deporte de base no noso barrio, por un prezo moi reducido (20€/ano supoñen menos de 2€ ao mes), e así evitar sobrecargar os custes para as familias que neste momento pagamos a actividade.
Se a campaña de socios sae adiante, a Agrupación non terá problema para manter os equipos cos que conta actualmente, e poder seguir ofrecendo un servizo deportivo tan útil para os nenos e nenas que forman parte del. 
Outros acordos:
-De renunciar a facerse socio, en lugar de pagar 220€ (200€ + 20€), o prezo total sube até 250€.
-Se unha mesma familia ten varias persoas na Agrupación, a partir do 2º xogador/a pagaría só 170€.
-Só a condición de socio outorga a capacidade de voto nas Asembleas.
-No caso de ser un socio menor de idade, terase dereito a voz, pero non a voto, até cumprir os 18 anos.

Sendo as 21.45 h. o presidente levanta a sesión sen máis asuntos que tratar.

O presidente                                                                          A secretaria

Partido amigable do Senior de 4ª División

O vindeiro venres, dia 4 de outubro, as 21:15 horas, partido amigable contra Cadesa, do equipo de 4ª División Senior Masculino.

viernes, 27 de septiembre de 2013

SUSPÉNDESE O ADESTRAMENTO DO VENRES 27 DE SETEMBRO

DEBIDO A UN PROBLEMA COS SUMIDOIROS DO PAVILLÓN DE FONTIÑAS, CON INUNDACIÓN INCLUIDA, SUSPÉNDESE O ADESTRAMENTO DO VENRES 27 DE SETEMBRO. SENTIMOS AS MOLESTIAS CAUSADAS.

lunes, 23 de septiembre de 2013

ADESTRAMENTOS

Informamos a todol@s adestrador@s e alumn@s, que os adestramentos da semán do 23 o 29 de setembro, serán os seguintes:
Martes: de 22 a 23 horas (poñédevos dacordo para ver quén usa este horario, pero que se use).
Mércores: 16:30 a 23 horas.
Xoves: de 22 a 23 horas.
Venres: de 16:30 a 23h. (esta semán do 23 o 29 de setembro).
Temos un problema cos horarios este ano. Temos que adaptarnos os horarios que nos dan dende Deportes do Concello. Non temos alternativas o que nos sacan. O comentaremos na Asemblea do xoves.