viernes, 29 de noviembre de 2013

CAMBIO DATA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ADB FONTIÑAS

DEBIDO A QUE A INSTALACIÓN DE FONTIÑAS ESTÁ OCUPADA O XOVES, DÍA 12 A ASEMBLEA EXTRAORDINARIA PASA O MÉRCORES DÍA 11 DE DECEMBRO. Estimad@s membros da Agrupación. O vindeiro 11 de Decembro do 2013, as 20 horas en primeira convocatoria e as 20:30 en segunda, teremos unha Asemblea Extraordinaria da Agrupación Deportiva de Baloncesto, no pavillón de Fontiñas, cun único punto na orde do día: CAMPAÑA DE SOCIOS/AS. Comunicar a xente que forma parte da Agrupación, que nestos momentos estamos tendo un problema importantísimo de liquidez, para poder desarrollar a actividade do Baloncesto no clube. A campaña de soci@s está indo fráncamente mal e temos que darlle un pulo para poder rematar a tempada sin un déficit excesivo, que faga inviable a Agrupación cos equipos que temos actualmente. Por estes motivos, solicitamos unha presencia masiva de membros da Agrupación, para revitalizar unha campaña que nos permita terminar a tempada. Un saúdo e vémonos o MÉRCORES, 11 de decembro no pavillón de Fontiñas, as 20 horas (20:30 en segunda convocatoria). A Directiva.

No hay comentarios: