Anotadores: Pepe Lores 16, Manuel Canal 12, Brais Barcala 3, Martín Pérez 4, Victor Beiroa 4, Pablo Jahnen 2.
Partido trabado o disputado o pasado sábado en Montouto contra Peleteiro onde predominaron as defensas de ámbolos dous equipos sobre o ataque. Temos que conseguir mais anotación exterior e non depender tanto da cantraataque e do xogo interior; hai que tirar sen medo ante situacións claras, o equipo contrario abrirase e teremos mais opcións ofensivas.
Moi boas aportacións dos oito xogadores convocados (anotaron seis).
Ou saen moi mal as cousas nesta 1ª fase de campionato ou temos, polo menos, o segundo posto asegurado; así que a seguir estudando duro para poder adestrar con normalidade e poder gañarlle o Obradoiro a finais de febreiro.
Grazas de novo a tódolos pais, nais e xiareiros que estiveron cedo en Montouto (esta vez quedástedes sen "almorzo").
O voso adestrador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario