jueves, 23 de septiembre de 2010

BOAS NOTICIAS

Despois das dificultades iniciais, pola non utilización do Instituto Antón Fraguas, na reunión co Concellal de Deportes, conseguimos varias cousas:
-- A utilización de Monte dos Postes, para os equipos Infantís e Cadetes, dentro de 15 días, que rematan as obras. Deixaremos Lamas de Abade, en 2 semanas (dous venres).
-- Con respecto o Pavillón Novo de Fontiñas, estará rematado para o seu uso, en Nadal, así, que debemos esperar 3 meses para poder utilizalo....... En principio, non está preparado para Minis!!!!!!!! incrible, pero así é, ten "Rocódromo", pero non adaptado para os nenos e nenas de Minis e Preminis do barrio onde está o pavillón.
-- Poder manter o pavillón de Primaria de Fontiñas, para os Minis e Preminis.
-- Dannos as facilidades para xogar en Monte dos Postes os partidos de Infantís e Cadetes.

Consideramos que son moi boas noticias, para poder seguir desenrolando o basket no noso barrio.

No hay comentarios: