viernes, 19 de septiembre de 2008

Inicio da Tempada 2008/2009


A agrupación Deportiva de Baloncesto de Fontiñas celebrou o pasado mes de xuño a festa de clausura da tempada 2007-2008.

A festa foi no Colexio de primaria de Fontiñas.

A ADB Fontiñas competiu esa tempada nas categorías premini, mini (con dous equipos), infantil masculino e feminino, cadete e senior, coa participación dun total de 87 nenos e nenas.

A nivel deportivo destacou o 2º posto do equipo infantil masculino na súa categoría.

A tempada finalizou coa participación no día autonómico do minibasket, e no torneo da Inmaculada, en La Salle de Santiago.

Agora, xa en Setembro, comeza unha nova tempada.

Vos manteremos informados das novas que acontezan nas diferentes competicións

No hay comentarios: