jueves, 25 de agosto de 2011

DOCUMENTACION PARA PERTENECER A ADB FONTIÑAS

Tódol@s alumn@ da Agrupación, deben traer dúas fotos orixinais tamaño carnet, e a fotocopia do carnet de identidade.
Tamén se comunica que deberedes ser puntuais nos horarios dos adestramentos, chegando uns 5 minutos antes da hora de comenzo, para non interrumpir os adestramentos dos outros equipos, e poder completar uns horarios no pavillón de Fontiñas.
Tamén comunicamos que por pentenecer a ADB Fontiñas, débese pagar unha cuota de 15 euros o mes, dende setembro do 2011 a xuño do 2012.



COMENZAN OS INFANTIS E CADETES

O vindeiro mércores, día 31 de agosto, comenzaremos a tempada os dous equipos infantís e o cadete masculino. Será as 18 horas, ata as 20 horas, que comenza o equipo senior. O venres, 2 de setembro, igual. Adestraremos no pavillón de Fontiñas. Avisádevos uns os outros para que non falte ninguén.
As Cadetes-Junior, comezarán o 7 de setembro, mércores. Xá confirmaremos horarios.


lunes, 22 de agosto de 2011

COMENZAMOS A TEMPADA 2011-2012

O equipo senior zonal A, que agora chámase "3ª División Masculina", comenza os adestramentos o vindeiro mércores, 24 de agosto, as 19:45 horas no Pavillón de Fontiñas. Seguiremos o venres, 26, a mesma hora. A próxima semán xá iremos informando dos horarios, pero será parecido. Temos cubertas 11 fichas; si coñecedes a alguén que se quera incorporar, que mellore o que temos, adiante, que veñan o adestramento, e o novo adestrador, Fernando, decidirá quén se queda e quen non.
Avisádevos uns os outros por si queda alguén sin enterarse.
Iremos informando das diferentes categorías, días e horas de adestramento.

lunes, 20 de junio de 2011

EXITO DE PARTICIPACIÓN NA FESTA DA AGRUPACIÓN

O PASADO SÁBADO, 18 DE XUÑO, CELEBRAMOS A FESTA DE DESPEDIDA DA TEMPADA 2010-11. FOI UN GRANDE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN, TANTO NOS PARTIDOS ENTRE PAIS/NAIS (PARTICIPOU UNHA NAI..........) CONTRA ALUMN@S, COMO NA MERENDA CEA POSTERIOR O ACTO DE REGALOS. ACOMPAÑOUNOS, UN ANO MÁIS, O CONCELLEIRO DE DEPORTES EN FUNCIÓNS E DIMOS POR REMATADA A TEMPADA, DANDO AS VACACIÓNS A TODOL@S ALUMN@S.

VERÉMONOS EN SETEMBRO (CHAMAREMOS A TOD@S A FINAIS DE AGOSTO E PRINCIPIOS DE SETEMBRO).

FELICES VACACIÓNS E QUE TEÑADES UN VERÁN ESTUPENDO.

SAÚDOS DA DIRECTIVA.

martes, 14 de junio de 2011

FESTA DA ADB FONTIÑAS

O SÁBADO, 18 DE XUÑO, NAS INSTALACIÓNS DO COLEXIO DE PRIMARIA DE FONTIÑAS, CELEBRAMOS A FESTA ANUAL. SERÁ A PARTIR DAS 17:30 HORAS, CON PARTIDOS ENTRE PAIS/NAIS/PRIMOS E DEMÁS FAMILIA, CONTRA @S ALUMN@S DA AGRUPACIÓN. SOBRE AS 19:30 H. FAREMOS A ENTREGA DE REGALOS @S ALUMN@S QUE O MERECERON O LARGO DA TEMPADA. LOGO TEREMOS A MERENDA- CEA E A EXPOSICIÓN DUN VÍDEO CAS MELLORES FOTOS DO DÍA DO MINI E DE DIFERENTES MOMENTOS DA ADB FONTIÑAS. POSTERIORMENTE, MÚSICA E BAILE AMENIZADO POLOS DJ MANUEL LUCAS E ADRIÁN DIOS. ACUDÍDE CON ESPÍRITU DE PARTICIPACIÓN, E INVITADE QUEN QUERADES. UN SAÚDO DA DIRECTIVA E NOS VEMOS NA FESTA QUE DESPEDIRÁ A TEMPADA 2010-11.

EXITO TOAL DO DIA DO MINI

PARTICIPAMOS NO DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASKET, CELEBRADO O SÁBADO 11 DE XUÑO. FOI UN EXITO TOTAL. DE CATRO PARTIDOS AQUE XOGAMOS, GAÑAMOS TRES. DISFRUTAMOS DUN DÍA INOLVIDABLE. TEMOS UNHAS FOTOS COLGADAS NO BLOG E O DÍA DA FESTA, O VINDEIRO 18 DE XUÑO, EXPOREMOS UN TAMÉN UN VÍDEO, DUNHA MEDIA HORA DE DURACIÓN, DOS MOMENTOS INOLVIDABLES DO DÍA DO MINI.