domingo, 6 de abril de 2014
Uso do novo blog da ADB Fontiñas
Dende o día de hoxe, o novo blog da ADB Fontiñas será: http://adbfontinhas.wordpress.com/
Xá non utilizaremos o antigo. A información que temos ata o día de hoxe, queda recollida no mesmo, pero só usaremos o novo.Perdoade as molestias e esperamos que o novo blog sexa máis dinámico que o anterior.
jueves, 3 de abril de 2014
DELEGACIÓN DE VOTO DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO 4 DE ABRIL DO 2014.
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
A Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas convoca Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro día 4 de Abril de 2014, venres, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda convocatoria, nas instalacións do Pavillón de Fontiñas, co seguinte
ORDEN DO DÍA:
1º) Situación actual da Agrupación no tema d@s soci@s.
2º) Asuntos do máximo interese para o Club.
3º) Rogos e preguntas.
Esperamos contar ca súa presencia debido a importancia dos temas a tratar.
http://adbfontinhas.wordpress.com/
DELEGACIÓN DE VOTO
Asamblea Xeral Ordinaria
4 de abril de 2014
D/Dª.____________________________________________________________, maior de idade, con D.N.I. número_______________________, socio da AGRUPACIÓN DEPORTIVA DE BALONCESTO FONTIÑAS autorizo a D/Dª______________________________________________, maior de idade, con DNI número_______________ como a/o meu REPRESENTANTE na reunión da Asamblea Xeral Ordinaria do día 4 de abril, para que asista no meu nome e representación e exerza nela con total liberdade o voto que se delega pola presente representación.
En____________________,a_____de__________________de__________
Firma do socio que delega o voto
Ado: __________________________________________
lunes, 31 de marzo de 2014
ADESTRAMENTOS EN FONTIÑAS DENDE ABRIL DO 2014.
Atendendo as indicacións de última hora de Deportes, a través do seu concellal, AÍNDA NON PODEMOS DISPOÑER DO PAVILLÓN DE FONTIÑAS OS VENRES A ÚLTIMA HORA. Seguimos pois como estabamos. Terei unha reunión co concellal, próximamente, pero en principio, sigue todo igual.
PARTIDOS PROVISIONAIS DO 4, 5 E 6 DE ABRIL DO 2014:
PARTIDOS PROVISIONAIS DO 4, 5 E 6 DE ABRIL DO 2014:
SENIOR 4ª DIVISIÓN: MILLADOIRO-ADB FONTIÑAS SERLUDE: XÓGASE EN FONTIÑAS, O SÁBADO 5 DE ABRIL, AS 16 HORAS.
JUNIOR MASCULINO: ADB FONTIÑAS LIBRARÍA FONSECA-RIVEIRA: SÁBADO, 5 DE ABRIL, AS 18 HORAS EN FONTIÑAS.
CADETE: LALÍN-ADB FONTIÑAS CASA PEPE:Domingo, 6 de abril, as 12, en Lalín.
CADETE ALCAMPO: ADB FONTIÑAS ALCAMPO- : PENDENTE.
INFANTIL FEMININO: DESCANSA.
JUNIOR/SENIOR FEMININO: PARTIDO AMISTOSO CON INMACULADA O MARTES 1 DE ABRIL EN LORENZO DE LA TORRE, EN HORARIO POR DETERMINAR. XOGARASE UN PARTIDO AMISTOSO DE VOLTA, 2 SEMÁNS DESPOIS, EN FONTIÑAS.
INFANTIL MASCULINO: ADB FONTIÑAS- FEDESA: O VENRES, 4 DE ABRIL, AS 19 HORAS EN FONTIÑAS.
MINI MIXTO: SAN PELAIO MIXTO-ADB FONTIÑAS IGS: SÁBADO, 5 DE ABRIL,AS 10:45 EN RESTOLLAL.
viernes, 28 de marzo de 2014
Asemblea da ADB Fontiñas:
A Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas, convoca Asemblea Xeral Ordinaria, para o vindeiro día 4 de abril do 2014, venres, as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:15 h. en segunda convocatoria, nas instalacións do Pavillón de Fontiñas, co seguinte:
Orden do día:
1º) Situación actual da Agrupación no tema d@s soci@s.
2º) Asuntos do máximo interesese para o Club.
3º) Rogos e Preguntas.
Dada a importancia dos temas a tratar, pídese a máxima implicación d@s soci@s da Agrupación, para solucionar os graves problemas da mesma.
Asdo. José Mª Dios Diz, Presdiente da ADB Fontiñas.
Decálogo de Pais/Nais:
Decálogo dos pais e nais:
1. Inculcade aos vosos fillos e fillas unha educación baseada no respecto aos principios éticos deportivos, faranlles mellor persoa e deportista.
2. Non lles esixades máis do que poden dar, nin @s comparedes. Con iso só conseguiredes diminuír a súa autoestima e fomentar a súa ineptitude.
3. Estimuládeos pero non os sobrevaloredes, ou creríanse perfect@s e incapaces de perfeccionarse. @s vos@s fill@s tamén teñen limitacións.
4. O feito de que sexan @s vos@s fill@s non equivale a que teñan a razón, hai que facerllo ver.
5. Tratáde@s respectuosamente, é a manifestación do voso aprecio. Non mercadeedes cas súas cualidades.
6. Non proxectedes neles as vosas frustracións nin aspiracións insatisfeitas.
7. A vosa labor na competición pode ser animal@s, pero non gritarlles nin darlles ordes.
8. Respectade o traballo d@ adestrador/a e as súas decisións.
9. Sede @s primeir@s en respectar as decisión arbitrais, para que @s vos@s fill@s as respecten.
10. Mostrádevos sempre correct@s no voso porte e no voso vocabulario.
Ten en conta tamén que:
- Os nenos e nenas non xogan para entretemento do público, nin para quedar os primeiros, senón para divertirse e formarse como persoas a través do deporte.
- Se amosas respecto a todas as persoas participantes no evento deportivo, o rapaz fará o mesmo, especialmente ao árbitro, recorda que é un deportista coma eles e como tal e como persoa merece ese respecto, que as súas frustracións non vaian derivadas cara el.
- Ensínalle a rexeitar calquera uso da violencia ou de comportamento incorrecto. O deporte é para divertirse, non para crear malos hábitos. Ao rematar o partido valora o realmente importante, é dicir, a mellora persoal e colectiva, sen importar o marcador. Non por gañar o fixeches ben ou por perder, mal.
- Sobre todo, non o esquezas: as túas accións son un modelo a imitar polos teus fillos. Dalles exemplo.
lunes, 24 de marzo de 2014
ESPÍRITU DA ADB FONTIÑAS
Ultimamente se están dando casos de enfrentamentos na grada, entre @s nos@s simpatizantes e @s dos equipos rivais.O espíritu da Agrupación nosa, é o da concordia, a amizade e a loita en boa lid. Non debemos insultar os árbitros, nin durante nin despois dos partidos, tampouco as aficións rivais. Nós temos que ir o noso e animar @s nos@s xogador€s co maior entusiamo posible. Que @s adultos, sexamos exemplo de deportividade para @s nos@s fill@s.A ADB Fontiñas agradece a tod@s @s que cada fin de semán apoian a Agrupación con estusiasmo e deportividade. Que sexamos un exemplo a seguir, como único equipo de barrio de Compostela, entre os rivais e estamentos deportivos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)