viernes, 28 de marzo de 2014
Decálogo de Pais/Nais:
Decálogo dos pais e nais:
1. Inculcade aos vosos fillos e fillas unha educación baseada no respecto aos principios éticos deportivos, faranlles mellor persoa e deportista.
2. Non lles esixades máis do que poden dar, nin @s comparedes. Con iso só conseguiredes diminuír a súa autoestima e fomentar a súa ineptitude.
3. Estimuládeos pero non os sobrevaloredes, ou creríanse perfect@s e incapaces de perfeccionarse. @s vos@s fill@s tamén teñen limitacións.
4. O feito de que sexan @s vos@s fill@s non equivale a que teñan a razón, hai que facerllo ver.
5. Tratáde@s respectuosamente, é a manifestación do voso aprecio. Non mercadeedes cas súas cualidades.
6. Non proxectedes neles as vosas frustracións nin aspiracións insatisfeitas.
7. A vosa labor na competición pode ser animal@s, pero non gritarlles nin darlles ordes.
8. Respectade o traballo d@ adestrador/a e as súas decisións.
9. Sede @s primeir@s en respectar as decisión arbitrais, para que @s vos@s fill@s as respecten.
10. Mostrádevos sempre correct@s no voso porte e no voso vocabulario.
Ten en conta tamén que:
- Os nenos e nenas non xogan para entretemento do público, nin para quedar os primeiros, senón para divertirse e formarse como persoas a través do deporte.
- Se amosas respecto a todas as persoas participantes no evento deportivo, o rapaz fará o mesmo, especialmente ao árbitro, recorda que é un deportista coma eles e como tal e como persoa merece ese respecto, que as súas frustracións non vaian derivadas cara el.
- Ensínalle a rexeitar calquera uso da violencia ou de comportamento incorrecto. O deporte é para divertirse, non para crear malos hábitos. Ao rematar o partido valora o realmente importante, é dicir, a mellora persoal e colectiva, sen importar o marcador. Non por gañar o fixeches ben ou por perder, mal.
- Sobre todo, non o esquezas: as túas accións son un modelo a imitar polos teus fillos. Dalles exemplo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Gústame este decálogo. É importantísimo o respecto ó equipo rival, árbitro, xogadores nosos, etc. Moitas veces vense actitudes nas bancadas vergoñantes (non digo d@s nos@s siareiros). ADB Fontiñas debería destacarse porque a súa afección respecta os puntos incluídos no DECÁLOGO
Publicar un comentario