lunes, 26 de noviembre de 2012

EQUIPO MINI MIXTO DE ADRIAN E JAVI


Temos un equipo minimixto que serán o futuro da ADB Fontiñas. Comenzaron con moi bo pe e están a dar a batalla, na dura competición Mini de Santiago e comarca. Ánimo a tod@s e veredes que con esforzo e dedicación, pronto chegarán as victorias.

Xornada do 1 e 2 de decembro do 2012.

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 1 E 2 DE DECEMBRO DO 2012:

3º DIVISIÓN:  ENSANCHE-ADB FONTIÑAS: Sábado1 de decembro as 20 horas en Calo: Perdimos outra vez de 2 puntos. Isto debe ser un acicate para seguir traballando. A 2ª volta será diferente e as derrotas convertiránse en victorias. Animo e adiante.
JUNIOR FEMININO: ADB FONTIÑAS-RÍO ULLA: Sábado 1 de decembro, as 20 horas en Fontiñas: Perdimos .
JUNIOR MASCULINO: ADB FONTIÑAS-BOIRO: Sábado 1 de decembro, as 16 horas en Fontiñas: Gañamos 53-37
CADETE LIBRERÍA FONSECA: ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-PELETEIRO: Domingo2 de decembro, as 10 horas en Fontiñas: Perdimos 54-59.
CADETE ALCAMPO: ADB FONTIÑAS ALCAMPO-BOIRO: Sábado 1 de decembro, as 18 horas en Fontiñas: Gañamos de 23. Partido moi importante pois nos fai gañar un posto. Moi bo partido sobre todo da segunda unidade. Debermos seguir correxindo errores non forzados.
INFANTIL FEMININO: CÍA DE MARÍA-ADB FONTIÑAS: Sábado 1 de decembro, as 16 horas en Cía de Mª: perdimos.
INFANTIL MASCULINO: OBRADOIRO-ADB FONTIÑAS: Sábado 1 de decembro, as 10 horas en Pontepedriña: Perdimos, pero seguimos na pomada.....Verémonsos na segunda volta.
MINI MIXTO: LA SALLE MIXTO-ADB FONTIÑAS IGS: Sábado 1 de decembro, as 13:00 h. en Quiroga Palacios: Perdimos, pero nótase a mellora no campo deste grupo que ten tanto futuro.

domingo, 25 de noviembre de 2012

INFANTIL masc. ADB FONTIÑAS 54 - ADM AMES "B" 34

Parciais:22-8 / 20-8 / 2-11 / 10-7
Anotadores: Pepe Lores 14, Manuel Canal 14, Martín Pérez 10, Brais Barcala 10, David Eyo 2, Victor Beiroa 2, Pablo Jahnen 2.
Outro moi bo partido do equipo infantil da ADB Fontiñas. Excelente primeiro tempo tanto en defensa como en ataque cun parcial total de 42-16. Na segunda parte do encontro o equipo baixou o nivel da primeira perdendo moitos balóns e aflouxando en defensa. A destacar a boa defensa e dirección de equipo de Alberto Saborido no tempo que estivo en cancha  e o tiro exterior de Brais Barcala (5 de 6). Noraboa a TODOS.
O fin de semán temos un partido difícil contra Obradoiro así que a estudar e adestrar duro para estar en boas condicións.
O voso adestrador

lunes, 19 de noviembre de 2012

XORNADA DO 24 E 25 DE NOVEMBRO DO 2012

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 24 E 25 DE NOVEMBRO DO 2012.
NA XORNADA ANTERIOR, TANTO O CADETE MASCULINO DE DANI COMO O INFANTIL FEMININO DE JORGE, QUEDARON SI POÑER O RESULTADO POIS NON MO PASARON......

3ª DIVISIÓN: ADB FONTIÑAS-CÍA DE MARÍA: Sábado, 24 de nov. as 20 horas en Fontiñas: PERDIMOS DE 2, DESPOIS DUNHA REMONTADA EXCEPCIONAL. O EQUIPO SIGUE PROGRESANDO. OS RESULTADOS POSITIVOS VIRÁN PRONTO.
JUNIOR FEMININO: DESCANSA.
JUNIOR MASCULINO: FEDESA-ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA:.Sábado, 24 de nov. as 10 h. en Rosalía: PERDIMOS.
CADETE LIBRERÍA FONSECA: PELETEIRO B-ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA: Sábado, 24 de nov. as 16 horas, en Montouto: GAÑAMOS.
CADETE ALCAMPO: FEDESA-ADB FONTIÑAS ALCAMPO: Sábado, 24 de nov. as 12 h. en Rosalía.:PERDIMOS. O EQUIPO PUDO XOGAR MELLOR. SEGUIMOS COMETENDO ERRORES NON FORZADOS QUE NOS DEBILITAN. A PRESIÓN QUE NOS FAN, DESTRÓZANOS. TEMOS QUE ESPABILAR NESTOS TEMAS.
INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS-RIVEIRA: Sábado, 24 de nov. as 16 horas en Fontiñas: GAÑAMOS. PRIMEIRA VICTORIA DAS NENAS, QUE NOS ENORGULLECE A TODO O CLUBE. SEGUIRÁN MOITOS MÁIS EXITOS SI SEGUIMOS NESTA LÍNEA. ÁNIMO CHICAS.
INFANTIL MASCULINO:ADB FONTIÑAS-AMES B:Sábado, 24 de nov. as 18 horas en Fontiñas: GAÑAMOS. SIGUE NUNHA LÍNEA ASCENDENTE ESTE EQUIPO DE MONCHO. AS VICTORIAS SON O RESULTADO DO ESFORZO. SE SIGUEN ESFORZÁNDOSE PODEN CHEGAR MOI ALTO NESTE 1º ANO DE INFANTIL.
MINI MIXTO:  ADB FONTIÑAS IGS-PELETEIRO MIXTO: Sábado, 24 de nov. as 11:30 horas en Quiroga Palacios: PERDIMOS (pero dixo o adestrador que se xogou moi ben.....).

domingo, 18 de noviembre de 2012

INFANTIL masc: S.J. CLUNY 39 - ADB FONTIÑAS 45

Parciais: 4-12 / 15-12 / 10-12 / 10-9 
Anotadores:
Alberto Saborido 2, Manuel Canal 14, Pepe Lores 22, Pablo Ferrín 1, Iñaki Clavero 2, Simón González 1, Victor Beiroa 3.
Moi bo partido o disputado este sábado contra Cluny. Forte defensa e prometedor contraataque para posteriores encontros. Excelente contribución dos 10 xogadores convocados. Imos por bo camiño, tres de tres, pero sen euforia, con confianza e humildade. Tarde ou cedo as derrotas chegarán e habrà que saber asumilas. PARABÉNS os xogadores e grazas os pais, nais e xiareiros que nos viñeron a animar.
Seguimos adestrando e estudando duro.

O voso adestrador.

viernes, 16 de noviembre de 2012

CONDOLENCIAS

A Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas xunto con toda a familia do Baloncesto Santiagués únese as condolencias polo falecemento no día de onte de Matías Briansó Invernon.
Federación Galega de Baloncesto (Enlace)
ADB FONTIÑAS

lunes, 12 de noviembre de 2012

XORNADA DO 17 E 18 DE NOVEMBRO DO 2012

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 17 E 18 DE NOVEMBRO DO 2012.SIGO SIN RECIBIR OS RESULTADOS DOS EQUIPOS UNHA VEZ REMATADOS OS MISMOS...........ESTA SEMÁN NON SEI O JUNIOR MASCULINO E O JUNIOR FEMININO. SI NON O SEI EU, NON SE COLOCA NO BLOG E NON O SABE A XENTE DA AGRUPACIÓN.

 3ª DIVISIÓN: OSO POLAR DE CEE-ADB FONTIÑAS: DOMINGO 18, AS 17 HORAS EN CEE: PERDIMOS.

OLLO ÓS PARTIDOS DE CASA: SON EN PONTEPEDRIÑA............

JUNIOR FEMININO: ADB FONTIÑAS-LALÍN: SÁBADO 17, AS 18 HORAS EN PONTEPEDRIÑA: GAÑAMOS: PARABÉNS O EQUIPO JUNIOR FEMININO QUE ACADA A SÚA PRIMEIRA VICTORIA. VEREDES COMO NO É A ÚLTIMA. ÁNIMO E ADIANTE. 
JUNIOR MASCULINO: FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-PELETEIRO: SÁBADO 17, AS 16 HORAS EN PONTEPEDRIÑA: PERDIMOS 45-49.
CADETE: ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-OBRADOIRO: SÁBADO 17, AS 20 HORAS EN PONTEPEDRIÑA: PARTIDO SUSPENDIDO.

CADETE: FONTIÑAS ALCAMPO-PELETEIRO: VENRES, 16 DE NOVEMBRO, AS 18 H. EN FONTIÑAS: PERDIMOS NUN BÓ PARTIDO DE TODO O EQUIPO, PERO A SUPERIORIDADE DE PELETEIRO FOI MANIFESTA, NA CANCHA E NO RESULTADO. SEGUIREMOS PROGRESANDO PARA MELLORAR O QUE FACEMOS MAL.
INFANTIL FEMININO: NOIA-ADB FONTIÑAS: EN NOIA, O SABADO 17, AS 10 HORAS: PERDIMOS DE 26.

 INFANTIL MASCULINO: CLUNY-ADB FONTIÑAS: O SÁBADO, 17, AS 18 HORAS: GAÑAMOS 39-45.
MINI MIXTO: SAN PELAIO-ADB FONTIÑAS IGS: O SÁBADO 17, AS 11:45 H. NO RESTOLLAL: PERDIMOS 46-42.

domingo, 11 de noviembre de 2012

INFANTIL masc: ADB FONTIÑAS 46 - PELETEIRO 35


PARCIAIS: 06-03 / 14-09 / 13-07 / 13-16
Anotadores : Victor Beiroa (6), Iñaki Clavero (2), Pepe Lores (14), Martín Pérez (7), Manuel Canal (16)
VITORIA NO SEGUNDO PARTIDO DÁ TEMPADA  DO ADB FONTIÑAS CONTRA PELETEIRO. ENCONTRO “FEO” E TRABADO DEBIDO AS FORTES DEFENSA DE ÁMBOLOS DOUS EQUIPOS, POUCA FLUIDEZ EN ATAQUE DO NOSO EQUIPO CON MOITAS PERDAS DE BALÓN, ALGUNHA QUE OUTRA FALTA DE CONCENTRACIÓN QUE HAI QUE CORREXIR,  CASE NINGÚN  TIRO EXTERIOR E  MOI BO TRABALLO EN DEFENSA E  ATAQUE BAIXO OS AROS. PARABÉNS A TODOS.
SEGUIMOS ESTUDANDO E ADESTRANDO PARA MELLORAR O XOGO EN CONXUNTO.
O VOSO ADESTRADOR.

lunes, 5 de noviembre de 2012

XORNADA DO 10 E 11 DE NOVEMBRO DO 2012

PARTIDOS PROVISIONAIS DA XORNADA DO 10 E 11 DE NOVEMBRO: 3ª DIVISIÓN: ADB FONTIÑAS-SANTA BAIA DE BOIRO: Sábado 10 de nov. As 18 horas en Fontiñas:GAÑAMOS NUN VIBRANTE PARTIDO ONDO TODO O EQUIPO FOI FUNFAMENTAL PARA VENCER O GRAN EQUIPO DE BOIRO. JUNIOR FEMININO: LA SALLE-ADB FONTIÑAS: Domingo, 11 de novembro, as 12 horas en La Salle. JUNIOR MASCULINO: LA SALLE- ADB FONTIÑAS: Domingo, 11 de novembro, as 1o horas en La Salle. CADETE MASCULINO: NOIA-FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA: Domingo, 11 de novembro, as 17 horas en Noia. CADETE MASCULINO: PELETEIRO B-FONTIÑAS ALCAMPO: Sábado día 10, as 16 horas en Montouto: PERDIMOS NUN FLOXO PARTIDO DE TODO O EQUIPO. INFANTIL FEMININO: PÍO XII B- ADB FONTIÑAS:SÁBADO, DÍA 10, AS 10 EN PIO XII: PERDIMOS. INFANTIL MASCULINO: ADB FONTIÑAS-PELETEIRO B: Sábado, 10 de novembro, as 16 horas, en Fontiñas: GAÑAMOS. MINI MIXTO:ADB Fontiñas IGS Mixto-Lopez Ferreiro Mixto: Sábado, 10 de novembro as 9:45 h. en Restollal: GAÑAMOS O PARTIDO SIN PRESENTARNOS POIS O RIVAL NON TIÑA DILIXENCIADAS AS FICHAS. Controlade os partidos aprazados: 3ª DIVISIÓN: ADB Fontiñas-Bonaval: o venres, día 9 as 21 horas en Fontiñas. Cadete ADB Fontiñas Alcampo-Rosalía C: en Fontiñas, o venres día 9 as 18 horas: PERDIMOS. Cadete ADB Fontiñas Alcampo-Obradoiro: cambio de orden dos partidos, xogamos o xoves, día 8, as 18:30 h. en Pontepedriña:GAÑAMOS DESPOIS DUN GRAN PARTIDO DE TODO O EQUIPO. FUMOS PERDENDO CASI TODO O ENCONTRO, PERO NUN ÚLTIMO CUARTO ESPECTACULAR, LLE DIMOS A VOLTA O RESULTADO. O FINAL 45-50. PARABENS A TODOS. Junior Masculino: ADB Fontiñas-Obradoiro: cambio de orden dos partidos, xogamos o xoves, día 8, as 20 h. en Pontepedriña: GAÑAMOS 51-54, NUN PARTIDO XOGADO DE PODER A PODER. AS LESIÓNS NO OBRADOIRO E A CONSTANCIA NO XOGO EN FONTIÑAS, FORON DECISIVAS. PARABENS A TODOS.