jueves, 20 de diciembre de 2012

BON NADAL E FELICES FESTAS

A Directiva da ADB Fontiñas, felicita o nadal a todol@s seus membros e desésalles unhas felices festas. Descansaremos na seman do 24 ó 30 de Decembro, e retomamos os adestramentos o mércores 2 de xaneiro, xá con continuidade. Facede algo de deporte nestas datas e volveremos no 2013 con máis folgos para afrontar a recta final do campionato. Bóa sorte e ata ó 2013.
P.D. E acordádevos de escribir algo no blog.

lunes, 17 de diciembre de 2012

RECORDAMOS PARTIDOS APRAZADOS


CONFIRMADO: O PARTIDO CADETE:  PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO, XÓGASE O VENRES, 21 DE DECEMBRO, AS 18 HORAS, NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A ESTRADA.

RECORDAMOS O APRAZADO DE CADETE : ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA-OBRADOIRO, O VENRES 21 DE DECEMBRO AS 19 HORAS EN FONTIÑAS.


Recordamos: INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS-NOIA: VENRES, 21 DE DECEMBRO AS 16 HORAS, EN FONTIÑAS.


Pendente a xornada mini Mixto aprazada para o 22 de decembro.
Un saúdo.

PARTIDO CADETE: PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO

CONFIRMADO: O PARTIDO CADETE:  PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO, XÓGASE O VENRES, 21 DE DECEMBRO, AS 18 HORAS, NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A ESTRADA.

INFANTIL masc.: ADB FONTIÑAS 56 - FEDESA 30

Parciais: 21-8 / 7-8 / 9-8 / 19-6.
Anotadores: Pepe Lores 16, Manuel Canal 22, Victor Beiroa 4, Martín Pérez 6, Simón González 5, Pablo Ferrín 3.
Bo inicio da segunda volta do equipo infantil. Forte defensa e mais fluidez en ataque que noutros encontros, moi bo contrataque dos nosos xogadores exteriores. Temos que mellorar o tiro desde o perímetro para non depender tanto das canastras debaixo do aro.
Grazas outra  vez as nais, pais e xiareiros que viñeron animarnos nun día tan desapacible.
A adestrar, estudar duro e sorte cas notas da  primeira avaliación.
O voso adestrador.

viernes, 14 de diciembre de 2012

SUSPENSIÓN DA XORNADA MINI E PREMINI

AVISO DE SUSPENSIÓN DA XORNADA MINI E PREMINI:

Comunicanos o Servizo de deportes do Concello de Santiago que debido o temporal, as instalacións nas que se debería xogar a xornada de MINI E PREMINI de mañan día 15/12/12, non están en condicións de albergar ningún partido, polo que a citada xornada ESTA SUSPENDIDA.

jueves, 13 de diciembre de 2012

ADESTRAMENTOS DO DÍA 19 DE DECEMBRO, MÉRCORES

OS ADESTRAMENTOS DO DÍA 19 DE DECEMBRO, MÉRCORES, DE 4 A 6:30 H. QUEDAN SUPRIMIDOS POR UNHA ACTIVIDADE DO CONCELLO. MANTEMOS O ADESTRAMENTO CADETE ALCAMPO, DE 6:30 A 8 H. COINCIDINDO CO INFANTIL MASCULINO. PERDOADE AS MOLESTIAS.

lunes, 3 de diciembre de 2012

XORNADA DO 15 E 16 DE DECEMBRO DO 2012

PARTIDOS DA XORNDA DO 15 E 16 DE DECEMBRO DO 2012:

3ª DIVISIÓN: ADB FONTIÑAS-INFORTECNY: SÁBADO 15 DE DECEMBRO, AS 20 HORAS EN FONTIÑAS: PERDIMOS.
JUNIOR FEMININO: ADB FONTIÑAS-PIO XII B: SÁBADO 15 DE DECEMBRO, AS 18 HORAS EN FONTIÑAS: PERDIMOS.
JUNIOR MASCULINO: CLUNY-ADB FONTIÑAS: SÁBADO 15 DE DECEMBRO, AS 10 HORAS EN CLUNY: PERDIMOS.
CADETE LIBRERÍA FONSECA: FEDESA- ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA: DOMINGO 20 DE DECEMBRO, AS 10 HORAS EN ROSALIA: PERDIMOS.
CADETE ALCAMPO: PUB BOLICHE-ADB FONTIÑAS ALCAMPO: PROVISIONAL: APRAZADO O VENRES 21 AS 18 HORAS EN A ESTRADA........
INFANTIL FEMININO: ADB FONTIÑAS-NOIA: VENRES, 21 DE DECEMBRO AS 16 HORAS, EN FONTIÑAS.
INFANTIL MASCULINO: ADB FONTIÑAS-FEDESA: VENRES 14 DE DECEMBRO AS 18:45 HORAS EN FONTIÑAS: GAÑAMOS.
MINIMIXTO:  ADB FONTIÑAS IGS-BASKETDEZA DE LALÍN: SÁBADO 15 DE DECEMBRO AS 11:05 H. EN QUIROGA PALACIOS: APRAZADO O 22 POR ORDEN DO CONCELLO.

RECORDAMOS O APRAZADO DE CADETE : ADB FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA
OBRADOIRO, O VENRES 21 DE DECEMBRO AS 19 HORAS EN FONTIÑAS.

.

XORNADA DO 8 E 9 DE DECEMBRO DO 2012.

A XORNADA DO 8 E 9 DE DECEMBRO DO 2012, NON TEREMOS PARTIDOS. ADESTRAREMOS IGUAL O VENRES DÍA 7 DE DECEMBRO.

Conferencia: "LIDERAR EL VESTUARIO". Impartida por Don ALBERTO GIRALDEZ .

O vindeiro luns 10 de decembro o Comité Galego de Adestradores vai organizar unha Conferencia aberta a todos as persoas vinculadas co mundo do deporte en Compostela, que vai ter lugar no Edificio Cersia (a carón do Estadio de San Lázaro) en horario a partir das 20,30 horas. Non será preciso confirmar asistencia, nin facer unha reserva previa, dado que esta proposta é aberta ao público en xeral ata completar aforo (máximo 200 persoas).

O título da conferencia é "LIDERAR EL VESTUARIO" e será impartida por Don ALBERTO GIRALDEZ Licenciado en INEF. Giráldez foi segundo adestrador do Rayo Vallecano, ademáis de ser o preparador físico do Valladolid, Valencia e Tenerife. Gran parte da súa carreira profesional foi a carón de Jorge Valdano con quén compartiu o traballo na primeira plantilla do Real Madrid, para despois pasar a ser o responsable da canteira en canto a formación, estrutura e funcionamiento de todos os equipos das categorías inferiores blancas.

Para máis información respecto desta actividade poderán atopala na web http://scq1e/exchweb/bin/redir.asp?URL=http://www.coenga.com.

III Certame "O Nadal e o Baloncesto".

Envío información relativa o III Certame "O Nadal e o Baloncesto".
A data límite de entrega dos diseños, será o 12 de decembro
Envío link ca información do concurso

http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=7307&chega-o-iii-certame-de-debuxo-o-nadal-e-o-baloncesto

A postal deberá entrengarse en persoa na Delegación zonal ou ben a través dun correo na sede central da Federación
Un saudo
 Inés Corbal
Federación Galega Baloncesto
Delegación Santiago
tel.: 981585040

INFANTIL masc.:OBRADOIRO 45 - ADB FONTIÑAS 29

Parciais: 21-5 / 12-12 / 6-6 /6-6.
Anotadores: Pepe Lores 9, Brais Barcala 4, Manuel Canal 12, Brais Campaña 2, Iago Placer 2.
Primeira derrota nun extraordinario partido, o mellor da tempada, a pesar da "páxara" do primeiro cuarto, da superioridade física do equipo contrario e das ausencias. O equipo recuperouse moi ben animicamente empatando os tres últimos cuartos mostrando no terreo de xogo o traballo realizado nos adestramentos.
Imos por bo camiño, temos que estudar duro no insti e na casa para poder adestrar con continuidade durante a semán.
PARABÉNS a todos polo que demostrástedes tanto na cancha como fora dela; o igual que sabemos gañar tamén asumimos con moita deportividade  as derrotas.
Moitas grazas ós pais, nais e xiareir@s que se pegaron o madrugón para animar ó EQUIPO infantil.
Seguimos estudando e adestrando duro.
O voso adestrador.