lunes, 16 de diciembre de 2013

FELICITACIÓN DE NADAL

A XUNTA DIRECTIVA DA ADB FONTIÑAS FELICITA AS FESTAS A TODOL@S MEMBROS DA MESMA E DESEXA QUE O ANO 2014 SEXA MOITO MELLOR CO 2013 (NON SERÁ DIFICIL). PASÁDEO BEN E ACORDÁDEVOS DE FACER O MAIOR NÚMERO DE SOCI@S QUE PODADES. BOAS FESTAS E PRÓSPERO ANO 2014.

NON TEMOS COMPETICIÓN ATA O 11 E 12 DE XANEIRO DO 2014. AVISAREMOS.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Acta de Asemblea Extraordinaria da ADB Fontiñas: 20:30 h.:3 de decembro do 2013:




1)      Lectura e aprobación da acta da asamblea anterior: léese e apróbase con 18 votos a favor, 0 en contra e 5 abstencións.
2)      Informacións previas por parte do Presidente.
3)      Información da campaña de socios: Adrián Dios: fai o argumentario e celébrase un coloquio posterior, moi animado.
Fálase de facer unha memoria da ADB Fontiñas, para entregarlla a xente que queremos facer socio. Tamén de facer o carnet xá, para entregalo. Intentar conseguir os Sponsors que podamos. Falar ca Caixa (ou outra entidade) para evitar as comisión tan abusivas. Poder facer socios dende as entidades que colaboran con nós. Outras ideas que iremos estudando en sucesivas reunións.
O máis importante É IMPLICAR A TODA A MASA SOCIAL DA AGRUPACIÓN, PARA QUE FAGAN POLO MENOS 2 SOCIOS CADA MEMBRO (300 SOCIOS O FINAL DE TEMPADA) co cál resolvemos os problemas económicos da Agrupación.

Sendo as 22 horas, levántase a sesión.


O Presidente : José Mª Dios Diz

Compostela. 3 de decembro do 2013

lunes, 9 de diciembre de 2013

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ADB FONTIÑAS

Estimad@s membros da Agrupación. O vindeiro 11 de Decembro do 2013, as 20 horas en primeira convocatoria e as 20:30 en segunda, teremos unha Asemblea Extraordinaria da Agrupación Deportiva de Baloncesto, no pavillón de Fontiñas, cun único punto na orde do día:
CAMPAÑA DE SOCIOS/AS.
Comunicar a xente que forma parte da Agrupación, que nestos momentos estamos tendo un problema importantísimo de liquidez, para poder desarrollar a actividade do Baloncesto no clube. A campaña de soci@s está indo fráncamente mal e temos que darlle un pulo para poder rematar a tempada sin un déficit excesivo, que faga inviable a Agrupación cos equipos que temos actualmente.
Por estes motivos, solicitamos unha presencia masiva de membros da Agrupación, para revitalizar unha campaña que nos permita terminar a tempada.
Un saúdo e vémonos o MÉRCORES, DÍA 11 de decembro no pavillón de Fontiñas, as 20 horas (20:30 en segunda convocatoria).
A Directiva.

PARTIDOS "PROVISIONAIS" DO 14 E 15 DE DECEMBRO DO 2013

SENIOR 4ª DIVISIÓN: ADB FONTIÑAS SERLUDE-PADRÓN: Sábado, día 14, as 20 horas en Fontiñas PERDIMOS DE 9. JUNIOR MASCULINO: PELETEIRO-ADB FONTIÑAS LIBRARÍA FONSECA:Sábado, día 14, as 12 horas en Montouto: GAÑAMOS E POÑÉMONOS DE PRIMEIROS. PARABÉNS. CADETE: PORTODOSON-ADB FONTIÑAS ALCAMPO:Sábado, día 14, as 12 horas en Porto do Son (no mesmo sitio do torneo). CADETE: ADB FONTIÑAS CASA PEPE-OBRADOIRO:Sábado, día 14, as 16 horas en PONTEPEDRIÑA:PERDIMOS. INFANTIL FEMININO: DESCANSA. INFANTIL MASCULINO: ADB FONTIÑAS CELTIFLOR.CAMINANTE-CLUNY:Sábado, día 14, as 18 horas en PONTEPEDRIÑA: GAÑAMOS. MINI MIXTO: ADBFONTIÑAS IGS-AMES: Sábado, día 14, as......... XOGAMOS EN PONTEPEDRIÑA POIS ESTÁ OCUPADO (NOVAMENTE) POR PATINAXE.........

EXITAZO DA ADB FONTIÑAS NOS TORNEOS DESTE FIN DE SEMAN.

A ADB FONTIÑAS FOI INVITADA O SÁBADO DÍA 7 DE DECEMBRO, A UN TORNEO EN PORTO DO SON, ONDE OS EQUIPOS INFANTIL FEMININO E CADETES, FIXERON UN PAPEL EXTRAORDINARIO. XORNADA DE CONVIVENCIA QUE RESULTOU ESPECTACULAR. O HORREO QUE NOS REGALARON, TAMÉN. O EQUIPO MINI MIXTO, DE ADRIÁN E JACOBO, PARTICIPOU O DOMINGO DÍA 8 DE DECEMBRO, NUN TORNEO EN VILAGARCÍA. 4 PARTIDOS E EXTRAORDIONARIO AMBIENTE. MEDALLAS PARA TOD@S. ISTE É O CAMIÑO. O FUTURO DA AGRUPACIÓN, ESTÁ EN VOSAS MANS. ÁNIMO E ADIANTE.

lunes, 2 de diciembre de 2013

NON XORNADA NO FIN DE SEMANA DO 7 E 8 DE DECEMBRO DO 2013

NON TEREMOS XORNADA NO FIN DE SEMANA DO 7 E 8 DE DECEMBRO DO 2013. RECORDO O DÍA DA ASEMBLEA, O MERCORES DÍA 11, AS 20:00 H. EN 1ª CONVOCATORIA E AS 20:30 H. EN SEGUNDA. ACUDIDE, POIS OS TEMAS A TRATAR (CAMPAÑA DE SOCI@S) SON MOI IMPORTANTES.