lunes, 29 de septiembre de 2008

Partido Junior Masculino

O vindeiro fin de semán (4-5/10/2008), xogarán os Juniors, con La Salle, en La Salle. O partido será o Sábado, 4 de Outubro, as 19:30 horas.
O partido celebrouse o sábado e o resultado foi a favor do equipo de La salle.
Esta seman descansan.......

jueves, 25 de septiembre de 2008

Primeiros partidos

O equipo senior ten dous partidos amistosos, ámbolos dóus en Vite:

O primeiro é o venres 26 de Novembro ás 21,30h. frente a Rosalía e o seguinte o venres 3/10, tamén ás 21,30h. contra Hotel Tamara de Negreira.

A novidade deste ano no equipo senior é a incorporación como entrenador de José Dios, que toma as riendas do equipo.

O equipo junior inicia a liga o vindeiro sábado 27 de Setembro, ás 10, en Vite contra A Pobra: o resultado foi de 52-72 a prol do equipo de A Pobra (fixeron os nosos un fenomenal partido, estando a 3 puntos no minuto 4, do 4º período. As faltas personais e dificultades no tiro a media distancia, fixeron que non se remontase o encontro).

Tódolos equipos comezaron xa os entrenamentos.
No partido amistoso celebrado polo equipo Senior Zonal, contra o Hotel Tamara, deu como vencedor o equipo de Hotel Tamara ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡POR UN PUNTO!!!!!!!!!!. dESPOI DE IR GAÑANDO TODO O PARTIDO, A FALTA DE ACERTO NO TIRO EXTERIOR, ASÍ COMO ERRORES NOS PASES, fixeron que co acerto do Tamara nos tiros de 3 puntos, se impuxesen o final do mesmo. Volveremos a vernos na liga co Hotel Tamara.........Seguiremos informando.

viernes, 19 de septiembre de 2008

Inicio da Tempada 2008/2009


A agrupación Deportiva de Baloncesto de Fontiñas celebrou o pasado mes de xuño a festa de clausura da tempada 2007-2008.

A festa foi no Colexio de primaria de Fontiñas.

A ADB Fontiñas competiu esa tempada nas categorías premini, mini (con dous equipos), infantil masculino e feminino, cadete e senior, coa participación dun total de 87 nenos e nenas.

A nivel deportivo destacou o 2º posto do equipo infantil masculino na súa categoría.

A tempada finalizou coa participación no día autonómico do minibasket, e no torneo da Inmaculada, en La Salle de Santiago.

Agora, xa en Setembro, comeza unha nova tempada.

Vos manteremos informados das novas que acontezan nas diferentes competicións

Saúdo da Xunta Directiva

A Xunta Directiva da ADB Fontiñas informa de que está aberto o prazo de inscripción de rapaces e rapazas maiores de 6 anos para xogar a baloncesto.
Teléfono de inscripción: 696750892 [José Dios]
Preferiblemente chamar durante este horario: 15:00 a 17:00 e de 21:00 a 22:00

NOTA IMPORTANTE DA XUNTA DIRECTIVA: vanse publicar unha serie de fotografías, dos distintos equipos da ADB FONTIÑAS; si algún pai/nai, considera que o seu fillo/filla, non saia nas fotos, por favor, poñerse en contacto con Jose Dios, para que non saquemos no blog a quen non quera. De non recibir información, para dentro de unha semán, publicaremos algunha fotografía dos distintos equipos da Agrupación.

Cuadrangular Senior en Negreira

Os días 20 e 21 de Setembro celébrase un Cuadrangular nas festas de Negreira. O equipo senior masculino xogará 2 partidos de pretemporada para a liga Zonal Senior Masculina.
Celebrado o cuadrangular de Negreira, quedamos en 3º posto, perdendo o primeiro partido (contra o campión: Chinto), e gañando o 2º partido contra "los jugones". Déronnos un trofeo.