lunes, 3 de diciembre de 2012

INFANTIL masc.:OBRADOIRO 45 - ADB FONTIÑAS 29

Parciais: 21-5 / 12-12 / 6-6 /6-6.
Anotadores: Pepe Lores 9, Brais Barcala 4, Manuel Canal 12, Brais Campaña 2, Iago Placer 2.
Primeira derrota nun extraordinario partido, o mellor da tempada, a pesar da "páxara" do primeiro cuarto, da superioridade física do equipo contrario e das ausencias. O equipo recuperouse moi ben animicamente empatando os tres últimos cuartos mostrando no terreo de xogo o traballo realizado nos adestramentos.
Imos por bo camiño, temos que estudar duro no insti e na casa para poder adestrar con continuidade durante a semán.
PARABÉNS a todos polo que demostrástedes tanto na cancha como fora dela; o igual que sabemos gañar tamén asumimos con moita deportividade  as derrotas.
Moitas grazas ós pais, nais e xiareir@s que se pegaron o madrugón para animar ó EQUIPO infantil.
Seguimos estudando e adestrando duro.
O voso adestrador.

No hay comentarios: