lunes, 29 de octubre de 2012

FEDESA 38 - ADB FONTIÑAS 50


O equipo infantil masculino da ADB Fontiñas iniciou a tempada este domingo cunha merecida vitoria ante Fedesa (38-50). Por mor  dos nervios iniciais  do primeiro partido e o baixo resultado na primeira parte con parciais de 3-10 e 13-10 o equipo reaccionou realizando un gran esforzo no terceiro cuarto (9-21). No último período (13-9) e cunha vantaxe de 25 puntos o equipo sufriu un baixón  físico produto da participación de moitos dos seus compoñentes na Carreira Pedestre esa mesma mañá o que levou a unha pequena relaxación . A destacar a boa defensa de Martín Pérez e Victor Beiroa asi como a intimidación e o poder reboteador de Pepe Lores.
Parabéns a TODOS, empezamos ben. A estudar e a adestrar duro.
O voso adestrador.

No hay comentarios: