martes, 10 de abril de 2012

CARREIRA/CAMIÑATA DE MEIGA

Bo día, reenviamos a mensaxe recibida da Asociación Medicina Intercambios Galicia (MEIGA), convidando a participar na carreira/camiñata seguinte:
Saúdos, Concellaría de Participación Cidadá - Concello de Santiago:


A asociación estudiantil MEIGA ten o pracer de convidarte a unha nova proba que organizamos os estudantes da facultade de medicina o día 28 de Abril en Santigo de Compostela, no parque A granxa do Xesto (Monte Pedroso).

Trátase dunha carreira/camiñata para promover a saúde e o exercicio. Para todas as idades e toda a familia!!

Son aproximadamente 5 km.

Durante toda a proba repartiremos froita e bebida e todas as persoas participantes levarán para a casa unha gorra de regalo personalizada para que sempre recorden o importante que é coidarse. Ésa é a mensaxe que vos queremos transmitir.


Inscripción:
carreradelasalud2012@gmail.com
Máis información en: http://lacarreradelasalud2012.wordpress.com/

Xa podedes apuntarvos!!!!!

No hay comentarios: