jueves, 25 de febrero de 2010

AVISO IMPORTANTE

POR ORDEN DA DELEGACIÓN:
Suspendida a competición desta xornada en TODAS as LIGAS FGB e LIGAS ZONAIS
25/02/2010.A Federación Galega de Baloncesto, seguindo as recomendacións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en vista da adversa situación meteorolóxica que atravesa nestas datas a nosa Comunidade e por unha cuestión de prudencia, toma a decisión de SUSPENDER TODA A COMPETICIÓN DESTA XORNADA nas LIGAS FGB e LIGAS das DELEGACIÓNS ZONAIS.
Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma esta fin de semana (26, 27 e 28 de febreiro). Así mesmo, a Federación Galega de Baloncesto habilita a fin de semana do 27 e 28 de marzo como data para ubicar de novo esta xornada para todas as competicións FGB, excepto para a Liga FGB Sénior Feminina cuxa nova data de xogo será a do 19 de marzo.

Todos os clubs que desexen fixar os seus encontros noutras datas diferentes das anteriores, previo acordo entre os dous equipos implicados e notificado á Federación Galega por escrito, poderán facelo sen que isto lles supoña custe monetario algún.

Suspendida a Concentracións das Preseleccións de Minibasket
Nesta mesma liña de prudencia, a FGB anuncia tamén a suspensión da xornada de adestramentos que as preseleccións galegas de Minibasket tiñan previsto realizar este domingo, 28 de febreiro, nas dependencias do Colexio Compañía de María en Santiago de Compostela.

Para evitar confusións, a Federación comunicará persoalmente esta incidencia a todos os pais ou responsables das xogadoras e xogadores convocados para esta concentración

Saúdos

Susana Fedz.Fiuza
Fed.Galega
competiciones@fegaba.com
981585040

No hay comentarios: