jueves, 21 de enero de 2010

Participación da ADB Fontiñas no Centro de Tecnificación (CETI).

Adxunto nota para @s alumnos/as do 1996, ASÍ COMO OS ADESTRADORES INTERESADOS. Poñervos en contacto ca Delegación: 981.597920.

"O director deportivo da Delegación Santiaguesa de Baloncesto, invita aos xogadores e xogadoras do seu club, nados durante o ano 1996 (infantís de 2º ano) a unha concentración do Centro de Tecnificación (CETI) que se levará a cabo o domingo 31 de xaneiro no pavillón do colexio de Cluny, dende as 17 horas e cunha duración prevista de dúas horas.

Durante esa sesión de adestramento realizarase un traballo de tecnificación por grupos e niveis, dirixidos polos adestradores das seleccións zonais santiaguesas e coordinados polo director deportivo. Xuntaráselles aos clubs copia do traballo realizado nese adestramento.

Os clubs que presenten xogadores/as para esa sesión de adestramento deberán confirmar a asistencia dos xogadores/as antes do día 27 de xaneiro (mércores).

Os xogadores/as que participen no adestramento deberán vir provistos de roupa deportiva, e traerán a autorización que se xunta asinada.

Tamén queremos invitar aos adestradores/as do seu club a participar nesa sesión. Está prevista unha reunión cos adestradores participantes o xoves día 28 de xaneiro. Informaráselles da hora e do lugar da reunión en breves datas.

Asdo.: Marcos Vázquez Rozas

Director Deportivo da Delegación Zonal Santiaguesa"

No hay comentarios: